Covid por concellos: gran descenso en Vigo nunha xornada na que só crece A Coruña

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que A Coruña é a única cidade cunha variación á alza, aínda que a razón de taxas mostra que Pontevedra e Santiago son as cidades nas que a enfmerdad segue crecendo. A pesar de todo, tanto a cidade do Lérez como a capital baixan esta xornada, marcada polo gran descenso de Vigo cidade


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que A Coruña é a única cidade cunha variación á alza, aínda que a razón de taxas mostra que Pontevedra e Santiago son as cidades nas que a enfmerdad segue crecendo. A pesar de todo, tanto a cidade do Lérez como a capital baixan esta xornada, marcada polo gran descenso de Vigo cidade


Vilanova, Meis, Caldas de Reis, O Corgo e Outes pasan de reportar 0 casos a ter "entre 1 e 9" segundo os datos da Xunta. Nigrán, Poio e Frades fan o camiño contrario: están con 0 casos activos. 


Cabe destacar que xa non hai concellos nos niveis de risco máximo e extremo, mentres que só Alfoz (Lugo, preto de 1.700 habitantes) e Porqueira (Ourense, preto de 800 habitantes) están en nivel alto. 


Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a contar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, polo que as cores do mapa se corresponde ao nivel actual  de alerta en semáforo covid para a incidencia acumulada en todos os concellos. 


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 0,96; o que quere dicir que na última semana houbo un  4% menos de positivos que na penúltima. 


Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior a 1: 



  • A Coruña 0,95
  • Vigo: 0,81




Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1: 



  • Pontevedra: 1,33
  • Santiago de Compostela: 1,19



VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe respecto a ese total onte: 



  • A Coruña +1



Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte: 



  • Vigo -6
  • Santiago de Compostela -4
  • Pontevedra -1




TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Tras comezar esta semana cun novo descenso dos casos activos este martes rexístrase un lixeiro aumento ata os 432, un máis, ao haber máis contagios (23) que altas (20) ao que se engaden dous falecementos.

As infeccións activas aumentan lixeiramente en catro das sete: Pontevedra e O Salnés (+3), Ferrol (+1), Lugo (+1) e Santiago e Barbanza (+1); baixa en dúas: Ourense (-3) e Vigo (-2); e mantense sen cambios na da Coruña e Cee.

Por tanto, a área da Coruña e Cee continúa como a única por encima do centenar de casos, con 140; seguida da de Vigo, con 77; Santiago e Barbanza, con 70; Ourense, con 49; Lugo, con 45; Pontevedra e O Salnés, con 36; e Ferrol mantéñense á cola, con 15.

 


POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA

Os casos activos de Covid-19 e os novos contagios ascenden lixeiramente no conxunto de Galicia ata os 432 e 23, respectivamente, mentres que baixan a 34 os pacientes ingresados por este coronavirus --dous menos--. Polo seu lado, a taxa de positividade aumenta a un 0,84 por cento.

Segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, as persoas hospitalizadas pola Covid en UCI mantéñense en nove e descenden a 25 as ingresadas noutras unidades, mentres que 398 permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase nas de Lugo e Pontevedra-O Salnés; mentres que se mantén sen cambios nas outras cinco restantes.

Así, na de Lugo continúan tres pacientes Covid en UCI e queda un en planta --uno menos--; mentres que na de Pontevedra e O Salnés hai un ingresado en críticos e xa non quedan noutras plantas --a xornada pasada había un--.

No resto de áreas sanitarias non hai cambios. A da Coruña e Cee segue con catro pacientes en UCI e 10 noutras unidades e a de Vigo mantén un en críticos e sete noutras unidades.

As áreas de Ourense, Ferrol e Santiago-Barbanza continúan sen pacientes Covid en UCI e contan con dúas, un e catro ingresados, respectivamente, noutras unidades. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE