Forte colisión nun accidente nunha nacional preto de Santiago provoca un morto e un ferido

A colisión de dous vehículos rexistrada na tarde deste luns no límite dos municipios coruñeses de Teo e Rois saldouse cunha persoa falecida.

|

O accidente ocorreu en Faramello, unha zona de curvas e pendente da nacional, que quedou cortada ao tráfico para facilitar a aterraxe dun helicóptero do 061


Accidente en Faramello na N550 nunha foto de@helicosantiago

Accidente en Faramello na N550 nunha foto de@helicosantiago 


A colisión de dous vehículos rexistrada na tarde deste luns no límite dos municipios coruñeses de Teo e Rois saldouse cunha persoa falecida.


ENTRE TEO E ROIS

Así o confirmou a Europa Press fontes policiais, que indicaron que este sinistro ocorreu no límite de Teo e Rois e fíxose cargo a Garda Civil de Tráfico.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, este sinistro tivo lugar sobre as 15,45 horas na estrada N-550, dirección Santiago de Compostela, ao chocar dous turismos. Morreu unha persoa que viaxaba nun deles e outra do outro vehículo resultou ferida.

Foron mobilizados o 061, Bombeiros de Boiro, Garda Civil de Tráfico, GES de Padrón e Policía Local. Os servizos sanitarios enviaron ao lugar un helicóptero medicalizado con base en Santiago; pero non se puido facer nada por salvar a vía da vítima, concretou o 112.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE