Viaqua, comprometida cunha recuperación sostible e equitativa

|

(contenido de marca)


Tambre





 

  • Aposta por un modelo de servizo baseado nas alianzas locais e a colaboración público-privada para facer fronte aos retos globais.
  • No seu Informe de Desenvolvemento Sostible mostra os seus compromisos e accións para contribuír coa Axenda 2030 da ONU.

  • A Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) aprobados pola ONU en 2015 consolidáronse como unha folla de ruta común, na que as alianzas entre administracións, empresas e cidadanía son fundamentais para promover unha sociedade máis xusta, respectuosa co planeta e economicamente máis próspera. Foi durante e despois da emerxencia sanitaria pola COVID-19 cando se fixo máis evidente, aínda se cabe, a necesidade de seguir traballando para levar esas metas a cabo e, neste contexto, apostar por un modelo experto e innovador na xestión dun recurso tan prezado como a auga é clave para garantir a reconstrución verde e a cohesión territorial e social.


    En Viaqua afirman que son moi conscientes de que desempeñan un papel fundamental para contribuír a alcanzar unha recuperación económica sostible e equitativa, sen deixar a ninguén atrás, especialmente nun contexto no que a crise sanitaria acentuou a situación de vulnerabilidade de moitas persoas.


    Fronte ese escenario, Viaqua reforzou os compromisos do seu Plan Estratéxico de Desenvolvemento Sostible, Rewater Global Plan (2017-2021), aliñado cos ODS e baseado en dous grandes bloques: a sostibilidade ambiental e a sostibilidade social. Así, esta folla de ruta recolle a súa achega á loita contra o cambio climático, a preservación e acceso á auga, a transformación cara a economía circular, a protección da biodiversidade, a concienciación cidadá, a equidade e a saúde e os avances sociais en acceso á auga, así como a innovación e as alianzas como compromisos transversais.


    Viaqua aborda os retos globais adoptando medidas e solucións específicas ás problemáticas de Galicia, desenvolvendo plans de acción para poder anticiparse e ofrecer unha resposta acorde aos desafíos actuais e futuros. Precisamente esa anticipación foi o trazo que caracterizou a resposta da empresa á crise da COVID-19 e permitiu que se adaptase aos novos escenarios dunha forma máis áxil e efectiva, asegurando en todo momento a subministración de auga á cidadanía con todas as garantías sanitarias e a saúde dos seus empregados e clientes.


    No seu último Informe de Desenvolvemento Sostible, que está dispoñible na súa páxina web, Viaqua mostra as principais accións que levou a cabo durante o ano 2020 para contribuír ao cumprimento da Axenda 2030.


    Compromisos ambientais

    Viaqua ten como obxectivo contribuír á preservación da auga (ODS 6), garantindo o seu acceso e dispoñibilidade futura, reducindo a pegada hídrica mediante a xestión intelixente e avanzada do ciclo integral, a loita contra a fraude e o consumo responsable. Un compromiso coa preservación dun recurso que tamén en Galicia é máis fráxil do que queremos crer derivado, por exemplo, de secas cada vez máis frecuentes ou incidencia na calidade da auga dos ríos.


    Un dos seus obxectivos é diminuír a Auga Non Rexistrada (ANR), é dicir, a diferenza entre a auga total fornecida e a auga rexistrada, mediante a optimización das redes de distribución con accións de monitoraxe, sectorización, redución de presións, telelectura e plans de renovación, entre outros. Desde o ano 2017 aforráronse 4,65 hm3, o equivalente á rega diaria de 93.000 campos de fútbol.


    Doutra banda, Viaqua tamén realiza a xestión e limpeza da rede de sumidoiros e o control de verteduras con equipos de cámaras de TV, drons aéreos e submarinos, así como o tratamento de augas residuais nas 33 Estacións de Depuración de Auga Residual (EDARs) que xestiona en Galicia.


    No último ano, desenvolveu 21 obras de mellora de infraestruturas hidráulicas, entre a que destaca a obra de “Actuacións extraordinarias para garantir a calidade da subministración no concello de Pontedeume” subcontratada por Augas de Galicia.


    Viaqua contribúe tamén á loita contra o cambio climático (ODS 13) a través da compra de enerxía verde, a xeración de enerxía renovable, a posta en marcha de accións de eficiencia enerxética e unha estratexia de mobilidade sostible. Desde 2017 deixou de emitir 69.409 t de CO2 derivadas do seu consumo eléctrico e o 57% dos seus turismos e 8% das súas furgonetas teñen motores ecolóxicos.


    A clara correlación entre cambio climático, biodiversidade e saúde púxose de manifesto coa actual pandemia e os episodios climáticos cada vez máis extremos. Protexer a biodiversidade é necesario para preservar a saúde do planeta e, por tanto, a dous seres humanos e a do resto de especies que ou habitan. É por iso, polo que Viaqua adquire tamén compromisos firmes contribuíndo ao ODS 15 (vida de ecosistemas terrestres). Con este fin, está a transformar as instalacións do ciclo da auga en “Infraestruturas Verdes”, eliminando o uso de fitosanitarios en todas as súas instalacións, para que sirvan de apoio ao ecosistema. Realiza diagnósticos de biodiversidade nas plantas de tratamento de auga situadas en espazos protexidos da “Rede Natura” para desenvolver plans de acción e levar a cabo proxectos de voluntariado ambiental como BiObserva, xunto a SEO BirdLife, ou BiObserva STOP-invasoras, para o control de especies exóticas invasoras que colonizan os ecosistemas.


    Biobserva

    Proxecto BiObserva STOP-invasoras


    Compromisos sociais

    O Plan Estratéxico de Viaqua inclúe ademais unha importante vertente social, cuxa máxima expresión é o compromiso de a segurar a subministración de auga a todas as persoas, protexendo a aquelas en situación de maior vulnerabilidade (ODS 1). Conscientes da crise social producida pola pandemia, Viaqua incrementou os seus recursos para prestar unha atención especial a aqueles colectivos que teñen dificultades para facer fronte ao custo do seu consumo de auga a través de tarifas e bonificacións especiais. En 2020 o 69% dos seus clientes puido acceder a algún tipo de bonificación, ademais de contar con medidas de flexibilización, como o aprazamento, fraccionamento ou elección do día do pago.


    Viaqua favorece unha contorna de traballo inclusivo, de calidade e diverso. O arraigamento de valores como a diversidade, o respecto e a diferenza, introducen un cambio cultural na compañía, non só pola súa significación social senón tamén ao introducir a equidade como principio corporativo. Máis do 80% do persoal goza dun contrato indefinido e o 100% está cuberta por un plan de igualdade. A pandemia permitiu, ademais de asentar diversas dinámicas colaborativas de traballo en rede, demostrar a implicación do persoal, unha vez máis, coa súa capacidade de adaptación, compromiso e sensibilidade mostrada, así como a aposta de Viaqua polo mantemento do emprego durante esta pandemia.


    A colaboración da cidadanía no seu conxunto é esencial para conseguir unha xestión sostible dos recursos hídricos e nesa liña é importante fomentar o uso racional da auga. Neste sentido, Viaqua contribúe ao ODS 12 (produción e consumo responsable) desde varias vías: promovendo unha cultura de consumo responsable baseado na economía circular, traballando con provedores socialmente responsables e priorizando aqueles que teñen en conta criterios de desenvolvemento sostible.


    Ademais, a empresa traballa na concienciación sobre o coidado do medio ambiente e da auga, sensibilizando día a día á cidadanía. No ano 2020, máis de 1.300 escolares de toda Galicia foron formados no uso sostible da auga a través de visitas ás súas instalacións, catas de auga, para poñer en valor e dar a coñecer a calidade da auga da billa en Galicia, programas educativos destinados ao público infantil como Aqualogía ou Aquae STEM e organiza certames literarios e campañas para concienciar sobre os graves danos que ocasiona tirar polo retrete produtos non degradables.


    Relatos de auga intelixente

    Entrega de premios VII Certamen Literario Viaqua


    Compromisos transversais

    De forma transversal a todos os departamentos e áreas da empresa, Viaqua procura estar sempre á vangarda tecnolóxica para responder ás necesidades do servizo e dos cidadáns. Por iso aposta pol a innovación (ODS 9) e por crear cidades e comunidades sostibles (ODS 11) para mellorar a calidade de vida das persoas. Mostra diso é Cetaqua Galicia, un claro exemplo de éxito de colaboración público-privada entre Viaqua, a Universidade de Santiago de Compostela e o CSIC, que foi fundada en 2011 co obxectivo de apostar pola innovación no sector da auga en Galicia. Foi acreditada polo Goberno de España como o primeiro Centro de Apoio á Innovación Tecnolóxica, e dedicado en exclusiva ao ciclo da auga e o medio ambiente.


    Xunto a Cetaqua Galicia e á Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, Viaqua está a desenvolver a Unidade Mixta CIGAT- BIOFACTORÍA, en Ourense, impulsando o posicionamento da EDAR de Ourense como nova biofactoría. Este modelo de colaboración público-privado fomenta o investimento privado na nosa comunidade para o desenvolvemento de liñas de investigación aliñada cos retos prioritarios de Galicia.


    Con esta Unidade Mixta, están a desenvolverse tecnoloxías innovadoras que permiten obter, a partir das correntes residuais do ciclo integral da auga, subproductos de alto valor engadido. Convertendo así a actual EDAR de Ourense nun centro de recuperación e xeración de recursos, promovendo a economía circular (cidades e comunidades sostibles) ODS 11.


    CIGAT

    Piloto Unidade Mixta CIGAT-BIOFACTORÍA


    No novo escenario marcado pola pandemia sanitara, é esencial traballar para dar resposta ás necesidades da contorna e as solucións que pasan por cooperar e por forxar alianzas (ODS 17) que faciliten o acordo. Como exemplo de alianza, no ano 2020, naceu o “Clúster industrial Galego de Solucións Ambientais”(VIRATEC), co obxectivo de ser un referente no desenvolvemento e implantación de tecnoloxías, procesos e solucións ambientais a nivel local, nacional e internacional, o cal está presidido polo director de Viaqua, Marcos Martín.


    Viaqua, tal e como se reflicte no seu Informe de Desenvolvemento Sostible e nas distintas accións que está a levar a cabo, aposta por un modelo de actividade baseado no diálogo, a cooperación e o compromiso cos seus grupos de interese, apoiándose en alianzas establecidas coas administracións públicas, axentes económicos, políticos e sociais para poñer en marcha pactos sociais. Viaqua xunto á Deputación de Ourense está a desenvolver na provincia o Pacto Social AquaOurense, baseado no consenso coas principais entidades do armazón social da provincia, co obxectivo de contribuír á recuperación económica e onde o modelo de xestión da auga mellore a calidade de vida e protexa ás persoas, especialmente ás máis vulnerables, para alcanzar as metas da Axenda 2030, co que se garante así un futuro sostible e equitativo para as xeracións vindeiras.


    relacionada Élida Pereiro, tutora de la FP dual del agua, explica porqué este ciclo es una gran vía de empleo
    relacionada AquaOurense presenta un pacto social para implantar un modelo de gestión de agua que "mejore la calidad de vida"
    relacionada Viaqua toma medidas para proteger la flora y la fauna en Galicia
    relacionada Alberto Sánchez, gerente de Cetaqua Galicia: "El residuo es una materia prima, no algo que hay que ocultar"

    Sen comentarios

    Escribe o teu comentario




    He leído y acepto la política de privacidad

    No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

    Galiciapress
    Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
    Tlf (34)678803735

    redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
    RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
    Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
    Powered by Bigpress
    CLABE