Convocadas axudas da Xunta para rozar e previr os incendios
O Diario Oficial de Galicia (#DOG) publica este luns a resolución da convocatoria de axudas da Consellería do Medio Rural destinadas a titulares de montes en man común, agrupacións e sociedades de fomento forestal, para previr danos provocados por incendios ou desastres naturais.
A convocatoria, dotada con 3,5 millóns e con 190 beneficiarios, ten como finalidade minorar as consecuencias e impactos negativos que os incendios forestais poden provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e protección dos montes.
As axudas son para dúas liñas de actuación: por unha banda o control selectivo de combustible (case 3 millóns de euros e 170 beneficiarios), para tarefas de roza mecánica, para o clareo sistemático de rexenerado forestal con tratamento de restos, ou para roza de penetración, rareo de entrefajas e trituración de restos.
As axudas compleméntanse con actuacións dirixidas á mellora de fajas devasas xa existentes con folla de máquina e para as fajas de pista, con ou sen roza da plataforma de rodaxe.
Doutra banda, unha segunda liña da convocatoria destínase á construción de puntos de auga, cun investimento de algo máis de 500.000 euros para a creación dunha vintena de puntos.
Os beneficiarios son titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e mancomunidades, e as sociedades de fomento forestal que contan cunha superficie de máis de 100 hectaréas. As actuacións localizaranse en zonas de alto ou medio risco de incendios.
Escribe o teu comentario