Empate entre Caballero e Formoso en avais á espera que Moncloa confirme o seu favorito para o congreso do PSdeG

As redes sociais enchéronse de militantes, algúns cargos do partido, mostrando o apoio a un ou outro competidor. As miradas diríxense agora ao Congreso estatal, onde Moncloa podería deixar ver, ou polo menos entrever, a quen apoia Pedro Sánchez.


|

A carreira para liderar o PSdG preséntase rifada, polo menos se nos atemos ao músculo exhibido polos dous candidatos. Ambos chegaron a 408 avais, o máximo que poden presentar.


As redes sociais enchéronse de militantes, algúns cargos do partido, mostrando o apoio a un ou outro competidor. As miradas diríxense agora ao Congreso estatal, onde Moncloa podería deixar ver, ou polo menos entrever, a quen apoia Pedro Sánchez.


As candidaturas de Caballero e Formoso entregando os avais nunha fotomontaxe de Galiciapress

As candidaturas de Caballero e Formoso entregando os avais nunha fotomontaxe de Galiciapress 




Gonzalo Caballero, actual líder, e Valentín González Formoso, presidente provincial da Coruña, presentaron este mércores os avais que apoian o seu precandidatura á secretaría xeral do PSdeG . Os dous din haber presentado 408 avais, que é o máximo permitido no proceso interno nesta fase de precandidaturas, que acaba hoxe.


Os seguidores de ambos levan días exhibindo o candidato no que confían nas redes sociais e, de paso, facendo así campaña polo seu elixido. Por exemplo, a deputada autonómica  Mariña Ortega confirmou hai días a súa aposta por Gonzalo Caballero:



Outra deputada, neste caso estatal, Montse García Chavarría fixo o propio co seu compañeiro o alcalde das Pontes.





Con todo, a maioría dos cargos máis relevantes do partido optaron por non mollarse publicamente por agora. Entre outros, o alcalde de Vigo e presidente da FEGAMP, Abel Caballero.


Das declaracións da cúpula socialista pódese ler, entre liñas, que Formoso conta con máis apoios entre os dirixentes destacados, que sempre consideraron a Gonzalo Caballero como un outsider, outrora líder dos críticos no PSOE de Vigo en oposición ao seu tío. Con todo, Caballero logrou estes anos o apoio dalgúns cargos municipais en lugares como A Coruña ou Ourense. Formoso, pola súa banda, conta coa vantaxe de ser o presidente provincial da provincia da Coruña e ter boas relacións coa maioría das agrupacións locais urbanas. 


Así as cousas, a carreira preséntase en teoría igualada, sobre todo porque desde Moncloa está a respectarse a autonomía do PSdeG e non chegou ningún sinal claro de preferencia por un ou outro. Hai que ter en conta que o PSOE celebra congreso estatal os días 15, 16 e 17 en Valencia. 


Ata entón, como moi cedo, parece complicado que a contorna de Pedro Sánchez revele as súas bazas en Galicia, aínda que en teoría Formoso non dese o paso adiante sen contar polo menos co apoio, cando menos implícito de Ferraz.


FORMOSO DI TER MOITOS MÁIS AVAIS DOS PRESENTADOS

O actual presidente da Deputación da Coruña entregou os avais na sede do PsdeG en Santiago de Compostela, acompañado por outros compañeiros que apoian a súa candidatura, e asegurou que se trata de "un día histórico para o PsSeG". 

"Damos un paso máis cara ao día 30, día que esperamos que a militancia se decida por un cambio de modelo no partido", indicou Formoso segundo recolle Europapress.

Respecto ao número de avais, o candidato incidiu en que presentan o máximo permitido, pero asegura que están a rexistrar "un número moito maior". "Isto confirma a sensación que temos cando percorremos Galicia, que hai unha simpatía e identificación dos militantes co proxecto que estamos a esbozar e ofrecendo", comentou.

Formoso tamén se referiu ao proceso de primarias en si mesmo, a cuxo respecto agradeceu á dirección federal "haber denegado" á dirección galega as primarias do 26 de setembro, "que ía impedir a outros compañeiros presentar proxecto".

Neste sentido, e de ser elixido secretario xeral, o candidato comprometeuse a que "nunca haberá primarias a medida do secretario xeral, senón que se promoverá a participación dos compañeiros e compañeiras"; o que denominou "unha nova forma de facer política interna". 


CABALLERO SAE DO DEBATE DE ESTADO PARA ENTREGAR Os AVAIS

Pola súa banda, Caballero, tal e como informou nunha mensaxe publicada na súa conta persoal de Twitter, Caballero depositou os avais para que o Partido Socialista "siga avanzando e sexa útil a Galicia". Fíxoo acompañado dalgúns militantes e compañeiros de partido.

Fíxoo, segundo sinalou no tweet, "buscando un oco", dado que este mércores o secretario xeral dos socialistas tamén participou no Debate sobre o Estado da Autonomía que tivo lugar no Parlamento galego, onde traballa "por unha reactivación con propostas alternativas á inacción de Feijóo".

Desta forma, os dous candidatos á secretaría xeral do PSdeG completaron as súas candidaturas coa presentación dos avais, cuxo prazo finalizaba este mércores. A 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE