Un ourensán atrapado baixo un tractor é a sétima vítima mortal con estes vehículos en dous meses

Un home faleceu tras envorcar o tractor que manexaba e quedar atrapada debaixo no municipio ourensán do Barco de Valdeorras.

|

Desde agosto faleceron sete traballadores do campo con accidentes de tractores en Galicia, ademais de numerosos feridos e hospitalizados.


Arquivo - Tractor


Un home faleceu tras envorcar o tractor que manexaba e quedar atrapada debaixo no municipio ourensán do Barco de Valdeorras. 


O accidente rexistrouse sobre as 16,30 horas, segundo os datos que manexa o 112 Galicia, no lugar de Coedo. O tractor precipitouse desde un camiño a unha leira e a vítima quedou atrapada baixo o vehículo.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Bombeiros de Valdeorras, Garda Civil GES do Barco e de Protección Civil, ademais do equipo sanitario do 061, que nada puido facer por salvarlle a vida.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE