O alcalde de Agolada "recolle cable" e o día que gañou as eleccións non será declarado festivo municipal
Rocambolesca historia na localidade pontevedresa, onde o alcalde, Luís Calvo Miguélez, da Partido Anticorrupción e Xustiza (PAYJ) quería facer do seu triunfo electoral un día festivo.Finalmente, e ante a sorpresa do seu propio partido, o día 26 de maio, "día da liberación" de Agolada, non será festivo, e si serán días de descanso o 29 e 30 de xuño. O alcalde de Agolada xunto ao vicepresidente Alfonso Rueda | Foto: Xunta.galEl 26 de maio en Agolada non se ía a traballar para festexar a vitoria do alcalde Luís Calvo Miguélez, que pretendía converter a data no seu particular 18 de brumario.
Rocambolesca historia na localidade pontevedresa, onde o alcalde, Luís Calvo Miguélez, da Partido Anticorrupción e Xustiza (PAYJ) quería facer do seu triunfo electoral un día festivo.
Finalmente, e ante a sorpresa do seu propio partido, o día 26 de maio, "día da liberación" de Agolada, non será festivo, e si serán días de descanso o 29 e 30 de xuño.
O alcalde de Agolada xunto ao vicepresidente Alfonso Rueda | Foto: Xunta.gal
O 26 de maio en Agolada non se ía a traballar para festexar a vitoria do alcalde Luís Calvo Miguélez, que pretendía converter a data no seu particular 18 de brumario. Ou así se aventuraba esta mañá, ás portas do pleno que ía sacar adiante, con toda seguridade, a proposta do rexedor de declarar como día festivo a data na que accedeu á alcaldía. Pero esta decisión, de tinguiduras napoleónicas que encaixaría perfectamente nun guion de José Luis Corda, finalmente non se adoptará despois de que o alcalde recapacitase coa súa iniciativa.
Para sorpresa do pleno, os días festivos en Agolada serán os habituais 29 e 30 de xuño, coincidindo así con San Pedro, patrón do municipio. Finalmente, caeu o 26 de maio, "data do cambio" en Agolada, como a definiu Calvo, que tamén se desculpou ao recoñecer que a súa proposta "era un erro".
A capitulación do rexedor pillou a todos os presentes co paso cambiado, mesmo aos do seu propio partido, que fixeron ademán de protestar pola súa decisión. Na bancada da oposición, os populares cirticaron o "circo mediático" realizado polo alcalde.
Para a edil do PPdeG, Carmen Seijas, -a formación do alcalde conta con sete concelleiros e os populares os catro restantes-, a idea de Calvo era "unha cacicada máis propia do franquismo" que supuxo "un insulto" para os veciños deste concello da comarca do Deza.
Ao final, ese "día da liberación", como tamén o definiu Calvo, non será motivo de xubilo para os veciños de Agolada, que terán que esperar a xuño para botarse ás rúas para celebrar a San Pedro no canto de, como quería o alcalde nun primeiro momento, adorar ao seu liberador Luís Calvo Miguélez.
Escribe o teu comentario