Un centenar de vítimas de phishing empezan a organizarse para reclamar aos bancos da man de UCGAL
A Unión quere evitar levar os casos aos xulgados, onde a resolución pódese eternizar. En todo caso, UCGAL considera que "a negociación debe ser moi breve" e que xa traballa en "accións de natureza xurídica". O colectivo lembra que este tipo de demandas son viables como proba o pronunciamento contra Abanca esta primavera desde a Audiencia Provincial de Pontevedra.
Unhas sesenta persoas participaron onte na reunión convocada por a Unión de Consumidores de Galicia. O obxectivo, coordinar unha resposta á avalancha de casos de phishing que están soportando numerosas localidades de Galicia.
Infografía sobre ciberdelitos creda por https://blogue.somoscaja.pe/
O phishing é unha forma de delicuencia que busca obter contrasinais, números de tarxeta de crédito, e outros datos. Os ciberdelicuentes fanse pasar por unha institución de confianza, a miúdo un banco, mediante unha mensaxe de correo electrónico ou unha chamada telefónica. Posteriormente, adoitan redireccionar a unha web que imita a da entidade e serve para roubar os datos.
ESTRATEXIA
UCGAL busca unha negociación colectiva entre os asistentes e outra trintena de afectados que non asistiu fisicamente á reunión de onte e as entidades financeiras. A Unión quere evitar levar os casos aos xulgados, onde a resolución pódese eternizar.
En todo caso, UCGAL considera que "a negociación debe ser moi breve" e que xa traballa en "accións de natureza xurídica".
O colectivo lembra que este tipo de demandas son viables como proba o pronunciamento contra Abanca esta primavera desde a Audiencia Provincial de Pontevedra. UCGAL busca, ademais, reunirse co delegado do Goberno.
A José Miñones trasladásenlle a necesidade de que a Policía preste máis atención á existencia de vulnerabilidades nos servizos de banca electrónica.
Escribe o teu comentario