​Máis de 60 protectoras beneficiaranse da campaña de Gadis de recollida de alimentos

Gadis arrinca unha nova edición da campaña 'Alimenta a amizade', coa que colabora no labor de máis de 60 protectoras de animais das dúas comunidades.


|

Unha nova edición de 'Alimenta a amizade' arrinca, por terceiro ano consecutivo, nos supermercados da cadea.


Como vén facendo Gadis, a campaña celebrarase nos seus establecementos de Galicia e Castela e León, axudando a máis de medio centenar de organizacións.


ALIMENTA A AMIZADE

Campaña 'Alimenta a amizade' | Foto: Gadis


Os perretes e gatetes de protectoras galegas e castelán-leonesas están de sorte este mes. Gadis arrinca unha nova edición da campaña 'Alimenta a amizade', coa que colabora no labor de máis de 60 protectoras de animais das dúas comunidades.


Os clientes de Gadis pode doar de forma solidaria alimentos, produtos de hixiene ou, como novidade, contribucións económicas, para axudar a estas organizacións nunha campaña que comeza este venres 1 de outubro ata o próximo día 10. A campaña desenvolverase en 195 establecementos de Galicia e Castela e León.  


Ademais do doado polos clientes, a compañía sumará a súa propia achega do 20% do total dos produtos reunidos, tal e como fixo en edicións anteriores, nas que logrouse recadar ao redor de 120 toneladas de artigos . De igual maneira, voluntarios dos protectoras colaboradores reforzarán a campaña en distintos puntos de venda, garantindo todas as medidas de seguridade.


"'Alimenta a amizade' desenvólvese por terceiro ano consecutivo ante o éxito de participación dos clientes, que mostraron unha gran solidariedade nas dúas iniciativas que se levaron a cabo con anterioridade. Un xesto de xenerosidade que a compañía quere agradecer publicamente. Tamén foi un factor determinante para dar continuidade a esta acción a petición de axuda realizada por parte das entidades, que en 2021 crecen en número ata superar as sesenta", comentan desde Gadis.


GADIS ALIMENTA A AMIZADE (20)

Donativos á campaña  'Alimenta a amizade' | Foto: Gadis


A campaña "desenvólvese coincidindo co Día Mundial dos Animais, que se celebra o 4 de outubro". "Esta conmemoración, promovida pola Organización Mundial de Protección Animal, pretende sensibilizar a cidadáns de todo o mundo sobre a importancia de respectar aos seres vivos do planeta. Unha mensaxe ao que se une Supermercados Gadis co desenvolvemento desta acción", conclúe a compañía.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE