(Vídeos) Gardas Civís derruban a manifestantes da Mesa que protestaban contra o Foro La Toja


|

A Mesa pola Normalización leva anos protestando porque Hotusa utiliza o topónimo deturpado para nomear a este importante evento, que hoxe inauguraron Felipe VI e Feijóo



Protesta da Mesa na Toxa

A concentración convocada pola Mesa no Grove para denunciar a deturpación do topónimo da Toxa por parte do Foro La Toja saldouse con momentos de tensión nos que a Garda Civil chegou a empuxar a varios dos manifestantes para apartalos da estrada.

En concreto, a protesta buscaba criticar o uso deste topónimo por parte do III Foro La Toja 2021, onde este mércores déronse cita o Rey Felipe VI, a vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño ou o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entre outros.

Un grupo de persoas convocadas pola asociación acudiu á ponte preto das 17,00 horas portando diversos carteis co lema 'Eu quero galego' e unha pancarta na que se lía 'A Toxa polo seu nome'.


Nas imaxes vese como os axentes empuxan aos manifestantes. Nun momento chegan a derrubar ao presidente da Mesa, cando xa estaba na beirarrúa.







VERSIÓN DA MESA

Con todo, segundo o relato de participantes na protesta, a Garda Civil non lles permitía cruzar a ponte e producíronse incidentes ao tentar situarse no medio da vía, momento no que varios axentes empuxaron e obrigaron aos manifestantes para apartarse á beirarrúa. Entre eles atopábase o propio presidente da Mesa, Marcos Maceira, que acabou polo chan debido a un destes empuxóns.

En declaracións a Europa Press, Maceira denunciou que os axentes mostraron "moita agresividade" cara a eles desde o primeiro momento e tampouco permitiron intervencións dos portavoces da asociación para dirixirse cara á xente. "Parécenos unha actitude absolutamente irresponsable e absolutamente desproporcionada", censurou. 








Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE