Hostaleiros culpan aos políticos e as súas restricións dos botellóns sufocados a porrazos en Santiago​

A Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela emitiu un comunicado no que lamenta a situación provocada polos botellóns que se producen en diversos puntos da cidade, pero cre que a solución "non pasa por cargas policiais cando xa non é viable controlar as aglomeracións", que "perturban a convivencia".



|

A Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela sinalou nun comunicado ás autoridades como responsables de fomentar a "cultura do botellón". 


Desde o sector recalcan que a solución "non pasa por cargas" e piden unha maior marxe de manobra para poder acomodar a demanda a unha maior oferta.


Captura de pantalla dun rapaz ferido nos incidentes da noite de Santiago publicado en Instagram por Romaris

Novo agredido a noite do xoves pola Policía en Santiago de Compostela | Foto: EP


A Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela emitiu un comunicado no que lamenta a situación provocada polos botellóns que se producen en diversos puntos da cidade, pero cre que a solución "non pasa por cargas policiales cando xa non é viable controlar as aglomeracións", que "perturban a convivencia".


"Desde o sector da hostalería denunciamos desde hai meses a incongruencia de non poder traballar cos nosos horarios e aforos ofrecendo un lecer controlado, mentres que os parques, as praias e as prazas das cidades convertíanse en botellódromos coa conivencia das administracións públicas locais e autonómica. Co seu inacción consentiron e promoveron a cultura do botellón como alternativa á hostalería nocturna", recolle a Asociación.

Ao seu modo de ver, o inicio do curso universitario evidencia que, coas medidas de aforos e horarios actuais, "a cidade non ten capacidade para acoller a demanda de lecer, derivando en botellóns e aglomeracións en espazos públicos".


No comunicado, repasan a situación sanitaria da comarca e volven esixir "traballar co cento por cento dos aforos e o horario que se estipula" nas súas licenzas.


O PP DE PONTEVEDRA PEDIRÁ XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE

Co transfondo das últimas aglomeracións, este sábado o PP de Pontevedra anunciou que solicitará a convocatoria da Xunta Local de Seguridade para abordar a inseguridade xerada polos últimos botellóns e o consecuente "aumento de pelexas".


A concelleira do PP de Pontevedra Silvia Xunco realizará un rogo no próximo Pleno para que o alcalde convoque esta reunión. "Existen unha serie de problemas que están a xerar unha sensación de inseguridade na cidadanía", trasladan os populares nun comunicado.


No rogo, que Xunco rexistrará os próximos días, faise referencia a botellóns no centro histórico, ao aumento de pelexas en locais de lecer nocturno, e solicítase información sobre roubos en locais e vivendas. Xunco, ademais de demandar a convocatoria deste órgano, pide o reforzo do control policial do lecer nocturno, así como maior presencial policial nas rúas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE