Os socialistas ourensáns elixen este domingo entre Fumega e Noela Blanco, as dúas listas para o Congreso Federal

As discrepancias entre as dúas candidaturas presentadas para representar ao PSOE de Ourense no Congreso Federal de Valencia motivaron que a militancia teña que escoller este domingo, día 26 de setembro, a través dunha votación aos oito compañeiros que conformarán a delegación provincial.

|

Mentres que nas outras provincias non é preciso celebrar unha votación para o Congreso Federal de Valencia, os socialistas aurienses si tendran que elixir o seu representante.


Con dúas candidaturas, o PSdeG de Ourense terá como representante ou á lista de Francisco Fumega, --que conta co aval da dirección galega e da provincial-- ou á de Noela Blanco, crítica con Villarino. 


Arquivo - A deputada autonómica do PSdeG Noela Blanco xunto ao portavoz do PSOE en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino

Noela Blanco xunto a Villarino | Foto: EP


As discrepancias entre as dúas candidaturas presentadas para representar ao PSOE de Ourense no Congreso Federal de Valencia motivaron que a militancia teña que escoller este domingo, día 26 de setembro, a través dunha votación aos oito compañeiros que conformarán a delegación provincial.


Para a conformación destas listas, que só implican ir como delegado á cita federal que o PSOE celebrará os días 15, 16 e 17 de outubro, os socialistas galegos chegaron a acordos en todas as provincias excepto na de Ourense.

E é que nesta provincia, ademais da que encabeza o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, --que conta co aval da dirección galega e da provincial--, presentou candidatura a exdiputada autonómica Noela Blanco, crítica co secretario xeral do PSOE Ourensán, Rafael Rodríguez Villarino, contra quen perdeu nas pasadas primarias celebradas para liderar o PSOE provincial.


Precisamente, Villarino, que tamén é portavoz municipal do PSOE, figura como número tres na lista do alcalde do Carballiño. O mesmo posto, o tres, ocúpao na outra candidatura a edil na cidade das Burgas, Natalia González, quen é viceportavoz socialista no Concello e cuxa presencia nesta lista alternativa liderada por Noela Blanco evidencia tamén a división que existe no grupo municipal.


Así as cousas e nun contexto no que ambas as candidaturas non deixaron de mostrar as súas discrepancias durante todo o proceso de conformación con cruces de acusacións sobre falta de vontade de acordo, os militantes terán que votar na tarde deste domingo para elixir os sete nomees que configurarán a delegación.


En concreto, os oito integrantes da que encabeza Francisco Fumega son a rexedora de Castro Caldelas, Sara Inés Vega; o secretario provincial do PSdeG, Rafael Rodríguez Villarino; a deputada no Congreso Uxía Tizón; a edil de Barbadás Margarita Pérez; o valdeorrense Eduardo Follea, a ourensá Mariña Tallón e o socialista de Rivadavia Luís Gulín.

En canto á lista de Noela Blanco, inclúe como número dous ao que foi militante das Xuventudes Socialistas José Antonio Novoa Fernández; á edil en Ourense Natalia González; a portavoz do PSOE en Pereiro de Aguiar Jorge Gutiérrez; ás portavoces en Castrelo de Miño e Punxín, Catalina González e Lorena Peleteiro, respectivamente; así como ao militante en Ourense Celso Campos e a Francisco Magide, de Parada de Sil.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE