Un grafiti de Plankton nun muíño do século XVII desata o enfado do Goberno de Cambados

O Concello de Cambados (Pontevedra) denunciou ante a Garda Civil a aparición dun grafiti nun muíño de mareas do século XVII situado na parroquia de San Amedio de Corvillón e comezou a preparar a súa recuperación.

|

Enfado do Concello de Cambados e máis concretamente de Xurxo Charlín, concelleiro de Patrimonio, despois de que o municipio aparecese con pintadas nun dos seus recunchos máis emblemáticos.


Un novo ácto vandálico, neste caso un grafiti en un muíño de mareas do século XVII, supón un "atentado cultural" contra patrimonio do municipio arousán. 


Grafiti realizado no muíño de mareasGrafiti de Plankton | Foto: EP


O Concello de Cambados (Pontevedra) denunciou ante a Garda Civil a aparición dun grafiti nun muíño de mareas do século XVII situado na parroquia de San Amedio de Corvillón e comezou a preparar a súa recuperación.

En declaracións a Europa Press, o concelleiro de Patrimonio, Xurxo Charlín, explicou que un traballador municipal de mantemento alertou do grafiti este luns, aínda que recoñeceu que puido realizarse con anterioridade dado que se atopa nunha zona pouco visible.

Posteriormente, indicou que se solicitaron informes a a Policía Local e ao técnico municipal de Patrimonio para xustificar a protección do muíño de mareas da Seca, recoñecido como monumento polo Ministerio de Cultura, así como que os documentos se presentaron ante a Garda Civil para denunciar os danos.

Ademais, o edil de Patrimonio sinalou que se contactou cun restaurador que prepara a memoria que deberá ser remitida á Xunta para proceder á recuperación dun dos dous únicos muíños de mareas de Galicia.

En todo caso, resaltou que a sensibilidade do granito que conforma o muíño, restaurado a comezos deste século por César Portela, supón que a súa recuperación deba levar a cabo "con coidado". Así mesmo, tachou a realización do grafiti, cuxo "gran tamaño" destacou, de "atentado cultural" e lembrou que o muíño da Seca data da segunda década do século XVII.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE