Galicia vacinou xa a practicamente nove de cada dez galegos da poboación diana

Galicia continúa avanzando no proceso de inmunización da súa poboación, ao contar coa pauta completa 2.202.695 cidadáns, que supoñen 1.994 máis que a xornada anterior e que representan o 89,74% da poboación diana e o 81,58% do total de habitantes da Comunidade.

|

O avance da campaña de vacinación segue o seu curso en Galicia, onde máis do 80% da súa poboación xa conta coa pauta completa.


O SERGAS dispensará esta fin de semana vacúas sen cita previa aos galegos que non puideron acudir cando foron convocados. 


Arquivo - Novos esperan na Cidade da Cultura o día de arranque da vacinación másiva a menores de 20 anos

Colas de vacinación | Foto: EP


Galicia continúa avanzando no proceso de inmunización da súa poboación, ao contar coa pauta completa 2.202.695 cidadáns, que supoñen 1.994 máis que a xornada anterior e que representan o 89,74% da poboación diana e o 81,58% do total de habitantes da Comunidade.

Así se desprende dos datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade no 'Cronómetro de vacinación', recollidos por Europa Press, dos que se extrae que, ata a data, administráronse 4.287.354 dose da vacina, que supoñen o 98,5% das 4.352.189 recibidas ata o momento.

Por grupos de poboación, por vulnerabilidade, segundo a idade contan con pauta completa 1.998.348 persoas, así como 15.647 cidadáns de alto risco; 17.594 dependentes non institucionalizados; e 26.600 persoas institucionalizadas.

Por probabilidade de exposición, teñen pauta completa 72.823 profesionais do ámbito sanitario e 27.245 do socio-sanitario; ademais de 44.070 traballadores esenciais.


AUTOCITAS E REPESCAS

Galicia segue co proceso de inmunización contra a Covid-19 este sábado nas súas áreas sanitarias con repescas de persoas que non puideron acudir cando foron convocadas, autocitas e vacinación sen cita. A iso súmase a administración de segundas doses.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE