O Sergas contrata médicos de familia para Mos, Ponteareas e Val Miñor tras as protestas

O Sergas confirmou este mércores a incorporación de tres novos médicos de familia nos centros de saúde de Mos e Ponteareas e no PAC do Val Miñor, que se suman á nova praza de facultativo cuberta en xuño pasado en Salceda de Caselas.

|

Os profesionais alertaran en agosto de a "situación extrema" que se vive na Atención Primaria da área sanitaria de Vigo, con centros de saúde nos que traballa a metade do persoal, sobrecarga na asistencia e "tensión" cos usuarios.


Centro de Saúde de Ponteareas nunha foto do Concello

Colas no Cntro de Saúde de Ponteareas nunha foto do Concello 


O Sergas confirmou este mércores a incorporación de tres novos médicos de familia nos centros de saúde de Mos e Ponteareas e no PAC do Val Miñor, que se suman á nova praza de facultativo cuberta en xuño pasado en Salceda de Caselas.

Sanidade lembrou que, ao longo deste ano, tamén se dotou ao área sanitaria de Vigo doutras 16 prazas de nova creación de Enfermería (10 en centros de saúde e 6 en PAC) e 3 de Fisioterapia.

Segundo explicaron fontes sanitarias, este incremento de persoal enmárcase no desenvolvemento do Plan de Atención Primaria da Consellería de Sanidade. Na área de Vigo, estas novas prazas súmanse a outras 18 creadas o ano pasado (das que 10 eran persoal médico).

Ademais das novas prazas, o Sergas dotou a semana pasada de estabilidade a outros 7 facultativos, cubrindo con vínculos de interinidade 6 prazas vacantes de Medicina Familiar e cun vínculo de longa duración unha reserva de praza. Estes profesionais incorporáronse aos centros de saúde da Cañiza, Coia (Vigo), Gondomar, Moaña, Ponteareas, O Rosal e Val Miñor.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE