Amaño das oposicións a Policía Local en Lugo? O propio Concello lévaas a Fiscalía
Detectan "coincidencias patentes" nas respostas de catro axentes co persoal de resultados correctos do suposto práctico
Os catro mellores candidatos a inspectores teñen patróns de resposta case iguais nos dous exercicios. Os catro fallaron ademais maioritariamente na única parte da proba que elaborou a presidenta e triunfaron nas que elaboraron outros axentes.
Imaxe de arquivo de dous axentes da Policía Local de Lugo
Os CATRO MELLORES COINCIDEN EN RESPOSTAS
A convocatoria constaba de dous exercicios, uno tipo test e un suposto práctico. O primeiro estaba estruturado por dous bloques de preguntas: un sobre dereito penal e procesual penal, preparado pola presidenta do tribunal, e outro elaborado polos tres vocais (dous policías locais de fóra do municipioy un axente da Policía Nacional).
Con todo, durante a revisión do expediente, detectáronse "certas coincidencias patentes nas respostas dalgúns supostos prácticos" entre eles "e co persoal de resultados correctos" do propio tribunal, precisamente os "catro aspirantes" que lograron "as mellores puntuacións" de todos os candidatos.
Tras revisión as respostas do exame teórico detectouse "de novo" que "os mesmos catro aspirantes" lograron "os mellores resultados" tamén nesta proba, pero coa particularidade de que "unicamente ou moi maioritariamente" fallan as respostas do bloque confeccionado pola presidenta do tribunal mentres acertan "integramente ou maioritariamente" o resto de preguntas.
PRESERVAR A LEGALIDADE
Ante esta situación, a presidenta do tribunal comunicou a súa decisión de renunciar a continuar co proceso, e os tres vocais presentaron á súa vez a súa renuncia aos seus cargos nos procesos selectivoss de Inspectores e de Oficiais.
A presidenta comunicou o informe ao Goberno local "para evitar unha posible quebra dos principios constitucionais de acceso á función pública en condicións de igualdade, mérito e capacidade", e para que se adopten "as decisións procedentes" para "preservar a legalidade e obxectividade" do proceso.
O Concello de Lugo decidiu elevar a situación á Fiscalía por se procede abrir dilixencias e para investigar se os feitos poidan ser constitutivos dalgún ilícito penal, do mesmo xeito que suspendeu o proceso selectivo de Inspectores.
Escribe o teu comentario