Abanca propón caixeiros e oficinas móbiles como alternativa ao peche de sucursais no rural

Apunta que hai oficinas con só 6 operacións diarias e sinala que se adaptaron os caixeiros e mantén un plan de apoio ás persoas maiores

|

A filial de Banesco reacciona a o aluvión de críticas por clausúra de oficinas cuxos clientes son en moitas ocasiones persoas maiores que non manexan ben Internet.


ABANCA argumenta que nas oficinas que pecha hai pouco negocio, ás veces menos de 6 operacións ao día.



Un grupo de persoas sosteñen unha pancarta durante a manifestación contra o peche de oficinas da entidade Abanca ante a sede de Abanca na Coruña, ao 2 de setembro de 2021, na Coruña, Galicia, (España).Un grupo de persoas sosteñen unha pancarta durante a manifestación contra o peche de oficinas da entidade Abanca ante a sede de Abanca na Coruña, ao 2 de setembro de 2021, na Coruña 



A dirección de Abanca di que garantirá os "servizos financeiros" en todas as localidades nas que se suprimen entidades como consecuencia da "reordenación" das oficinas.

ALTERNATIVAS PROPOSTAS
Farao, explicaron fontes da entidade, a través de "caixeiros, oficinas móbil e as oficinas de Abanca que ten nas localidades próximas".

A Coruña vive este xoves unha xornada de protestas por parte de varios concellos que convocaron unha concentración para rexeitar o peche de oficinas nas súas localidades, unha reivindicación que levaron á sede coruñesa situada no Cantón.

Fuentes da entidade lembran que Abanca --o banco que se creou froito da fusión das caixas de aforro galegas-- é a firma financeira coa maior rede no rural galego, cun 33,5% da rede situada en núcleos de menos de 5.000 habitantes.

Así, Abanca destaca que dá servizo ao 98% da poboación e no 87% dos municipios. Do mesmo xeito, a entidade propiedade de Juan Carlos Escotet remarca que "é a única entidade financeira con presenza en 115 municipios de Galicia (37%), o que permite recibir servizos financeiros a 298.000 galegos".

Neste sentido, Abanca subliña que grazas á rede que mantén despregada, Galicia "é unha das comunidades que maior acceso ten a servizos financeiros". Concretamente, cita un estudo do Banco de España, no que se revela que só o 12% dos municipios galegos non ten acceso a un punto de efectivo, unha porcentaxe que se eleva ao 50,6% no conxunto de España.

OFRECERÁ SERVIZOS
Así as cousas, Abanca ofrecerá os seus servizos financeiros nas localidades en que se pechan sucursais, afirma, a través de caixeiros, oficina móbil e oficinas en localidades próximas.

"Con este modelo darase solución á case totalidade de necesidades financeiras que se realizaban nelas, xa que todas as oficinas situadas nestas localidades teñen unha operativa moi reducida, algunhas presentan unha media inferior a seis operacións ao día", sinalan as mesmas fontes.

Ademais, Abanca manterá activo o plan de axuda para o uso de caixeiros para todas as persoas que a necesiten. De feito, lembra que os caixeiros "foron adaptados para facilitar o seu uso por parte das persoas maiores".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE