Localizan ao veciño de Vigo de 63 anos desaparecido o pasado mércores

A Asociación SOS Desaparecidos confirmou a localización de Manuel Silva López, un vigués de 63 anos de idade, que permanecía en paradoiro descoñecido desde a pasada semana.

|

A familia xa puido poñerse en contacto con el tras case unha semana desaparecido. 


Localizado o veciño de Vigo Manuel Silva López, desaparecido na cidade o 18 de agosto de 2021.


A Asociación SOS Desaparecidos confirmou a localización de Manuel Silva López, un vigués de 63 anos de idade, que permanecía en paradoiro descoñecido desde a pasada semana.

Así, desactivouse a alerta por esta desaparición, posto que Manuel xa se atopa en contacto cos seus achegados, que trasladaran a súa preocupación ao non ter noticias súas e, especialmente, porque o home necesita medicación.

Silva López fora visto por última vez o mércores da pasada semana e poucos días despois difundiuse a alerta pola súa desaparición por parte de SOS Desaparecidos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE