Adeus á vella bancada de Marcador en Balaídos cambiada por unha nova 30 metros máis preto (vídeos)

As obras de demolición da antiga bancada do estadio municipal Abanca Balaídos comezaron formalmente este luns, e desenvolveranse ao longo do próximo "mes ou mes e medio", segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, que lembrou que a nova bancada será financiada por Concello e Deputación, cun investimento duns 15,5 millóns de euros.

|

O Concello de Vigo empezou hoxe a derriba da infrestructura que permitirá que a aficción estea máis preto dos xogadores do Celta.


Demoliciu00f3n de Balau00eddos nunha imaxe de Ana Luvas

Demolición en Balaídos nunha imaxe de Ana Luvas 


As obras de demolición da antiga bancada do estadio municipal Abanca Balaídos comezaron formalmente este luns, e desenvolveranse ao longo do próximo "mes ou mes e medio", segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, que lembrou que a nova bancada será financiada por Concello e Deputación, cun investimento duns 15,5 millóns de euros.


Segundo explicou o rexedor olívico en rolda de prensa, tras o traslado dos sistemas de cableado e do servizo de Bombeiros (que tiña un dos seus parques nos baixos do estadio), iniciaranse os traballos de derriba, que supoñerán demoler unhas 10.000 toneladas de formigón.

A nova bancada contará con novos accesos, 8 ascensores e asentos a pé de campo, en concreto, subliñou Caballero, "30 metros máis preto" do terreo de xogo.

SEN DIÑEIRO DA XUNTA
O alcalde insistiu en que a práctica total da reforma do estadio está a ser sufragada por Concello e Deputación (ata o de agora o investimento ascende a 27,5 millóns de euros).








Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE