Atrasadas cirurxías en Ferrol ao estar a UCI convencional chea ao 100%, denuncian traballadores e nega a Xunta

O SERGAS de Ferrol tivo que trasladar todos os enfermos críticos non covid á área de reanimación. A capacidade normal da UCI do Hospital Arquitecto Marcide está completa con enfermos de coronavirus. Hai 10 prazas e hai 10 enfermos críticos, segundo os datos oficiais do SERGAS.


|

O SERGAS de Ferrol tivo que trasladar todos os enfermos críticos non covid á área de reanimación. A capacidade normal da UCI do Hospital Arquitecto Marcide está completa con enfermos de coronavirus. Hai 10 prazas e hai 10 enfermos críticos, segundo os datos oficiais do SERGAS.



Hospital Arquitecto Marcide Ferrol A Coruña Galiza

O hospital Marcide do SERGAS en Ferrol



Como consecuencia de ter ocupar a zona de reanimación con pacientes de UCI, polo menos dúas fontes diferentes do persoal do Arquitecto Marcide indicaron a Galiciapress que esta semana se suspenderon, ou non se chamaron aos pacientes programados, varias operacións cirúrxicas.


Unha desas fontes, o sindicato CIG, indica que houbo varios aprazamentos de operacións de traumatoloxía, aínda que poida que non figuren oficialmente como aprazamentos, pois non se chegou a chamar e ingresar aos pacientes, como estaba programado. Outra fonte, que prefire o anonimato, indica que a situación é moito máis grave, segundo a súa versión aprazáronse mesmo operacións a pacientes oncolóxicos.


VERSIÓN DA XUNTA

Consultado o SERGAS, a Xunta négao. "Non se suspenderon operacións programadas debido a estas circunstancias, dado que en todo momento houbo dispoñibilidade de camas en Reanimación para as recuperacións postcirúrxicas", aseguran desde a Xerencia ferrolá.


Ademais, a Consellería de Sanidade tenta quitarlle ferro a ter que abrir a zona de reanimación para algo que non é o seu labor normal. "Sempre que hai sobreocupación dá UCI (mesmo en períodos pre-pandemia), vos pacientes ingrésanse en Reanimación para recibir alí ou nivel de coidados que requiren", apuntan. 


A Administración apunta que aínda ten capacidade para asumir máis pacientes cíticos pois "a realidade basal de hospitalización de críticos non CHUF é de 10 camas de UCI e 12 camas de Reanimación". 


É dicir, a capacidade de críticos de base do Marcide é de 22 pacientes. Dado que agora hai 15 enfermos críticos (10 con covid e cinco sen covid), quedarían aínda 7 prazas dispoñibles en Ferrol. 


FALTA DE PERSOAL 

O problema é que as camas se poden ampliar, mesmo moito máis que agora, pero os médicos non se poden clonar. 


Antes da pandemia, a UCI de Ferrol tiña persoal de coidados intensivos suficiente para atender a 10 prazas. Agora, cando hai 15 enfermos críticos  seguen sendo os mesmos.


En realidade menos, porque hai persoal de vacacións.  Ademais, esta semana xa chegou haber 17 pacientes criticos no Marcide.


En definitiva, que os sanitarios de Ferrol que coidaban antes de 10 enfermos críticos agora teñen que coidar de 15. Unha sobrecarga de traballo evidente. 


Desgraciadamente, o peor pode estar aínda por chegar. A curva de casos activos da área sanitaria de Ferrol non tocou teito aínda.  


No improbable mellor dos escenarios, se o distrito tocase teito de casos activos mañá, algo que non pasará salvo milagre, a UCI do Hospital Arquitecto Marcide aínda tería por diante varias semanas de aumento da presión. 





 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE