Covid Galicia: a caída de positivos perde fol e o SERGAS está a diminuír a cantidade de PCR

Os 1.011 novos positivos por PCR comunicados hoxe serven para que o descenso actual continúe, aínda que a melloría segue perdendo fol. Os casos activos experimentan o seu maior rebaixa nesta quinta onda e os hospitalizados volven crecer, pero de forma moi modesta.


|

Os 1.011 novos positivos por PCR comunicados hoxe serven para que o descenso actual continúe, aínda que a melloría segue perdendo fol.


Os casos activos experimentan a seu maior rebaixa nesta quinta onda e os hospitalizados volven crecer, pero de forma moi modesta.




incidencia acumulada semanal cae de 276 a 268, que é o mellor rexistro desde o 17 de agosto tras encadear nove xornadas seguidas de descenso.


incidencia acumulada a 14 días tamén descende, de 611 a 592, o mellor rexistro desde o 25 de xullo tras oito xornadas seguidas de descenso.


O dobre da incidencia semanal (536) é menor que a incidencia bisemanal (592). Isto é bo porque nos indica que na última semana houbo menos positivos que na penúltima.


Cantos menos? Como a razón de taxas é do 0,91, sabemos que houbo, aproximadamente, un 9%. O problema é que onte eran o 10% menos e antonte o 11%. A melloría prosegue pero a tendencia á baixa vai perdendo brío nos últimos días, o que podería implicar un preocupante cambio de tendencia.


A taxa de positividade onte foi do 14,3% tras completar o SERGAS unhas 7.000 PCRs, que son menos que a media semanal, unhas 7.200, e moitísimas menos da capacidade demostrada no inverno, cando a media rozou as 13.000 ao día.


SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS

Segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, a taxa de positividade de Galicia segue no segundo peor dos niveis posibles, risco alto. Hoxe hai un lixeirísimo descenso (de 14,39 a 14,35) pero é preocupante que a tendencia xeral de descenso transformouse nunha tendencia case completamente plana.





A incidencia semanal aínda mantén unha tendencia á baixa notable, aínda que tamén perdeu algo de velocidade nas últimas xornadas.




EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un -2,4%. Unha boa porcentaxe que axuda a  que a media semanal, o indicador máis relevante, profunde nos algarismos negativos, pasando de -0,1% a -0,5%. 


É dicir, desde a perspectiva semanal, cada día que pasa o SERGAS ten que lidar con menos casos activos, unha boa noticia sobre todo lendo as constantes informacións de problemas no sistema de rastrexo.





En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso  -448 , que deixa o total en Galicia en 18.195  casos activos. 


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • A pandemia segue á baixa en Galicia no que aos novos diagnósticos refírese, desde unha perspectiva semanal. Con todo, este descenso, iniciado hai unha semana, está a perder empuxe e o país segue sendo incapaz de baixar de maneira consistente dos 1.000 positivos diarios.
  • Esta perda de empuxe na melloría non se debe a que o SERGAS empezase a facer máis test. Ao contrario, a semana pasada chegou ha alcanzar unha media semanal dun 7.800 pero volveu a caer uns 7.200. 

    AZP5r pcrs de coronavirus en galicia


  • Esta deceleración da melloría implica un cambio de tendencia que nos podería levar a outra alza dos casos activos? Non debería, vista a evolución de ondas previas e o avance da vacinación, pero é unha mala noticia á que hai que estar atentos.


DATOS POR ÁREAS

A Coruña con case 400 novos diagnósticos é a área que máis novos positivos achega hoxe ao total. En concreto,  case un 40% do total, unha porcentaxe desproporcionando tendo o seu peso poboacional en Galicia.






O fronte asistencia segue relativamente tranquilo, con 255 enfermos en planta, máis que onte. Iso si, xa hai áreas que xa teñen problemas de capacidade nas UCI, como Ferrol, que afortunadamente hoxe pasa de 10 a 9 enfermos críticos.   



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE