A folga do bus de Vigo Vitrasa segue sen que Caballero acepte a reunirse cos traballadores
O comité de empresa alerta que os condutores ás veces pasan máis de 10 horas seguidas ao volante
En Marea cuestiona a "inacción do Goberno de Abel Caballero" contra quen tamén carga os traballadores
O persoal de Vitrasa mobilízase ante o Concello de Vigo na segunda xornada de folga / cig
Traballadores da concesionaria de bus urbano de Vigo, Vitrasa, concentrouse este venres fronte ao Concello da cidade, coincidindo coa segunda xornada de folga, para denunciar os incumprimentos da empresa e o "inmobilismo" do goberno municipal ante o conflito.
ATRASOS NO PAGO DE NÓMINAS
Así, o persoal trasladou as protestas ás portas do consistorio, e lembrou que a empresa responsabiliza ao goberno local dos atrasos nos pagos das nóminas.
Os traballadores de Vitrasa viven este venres o seu segundo día de folga, convocada para denunciar o incumprimento do convenio colectivo, a negativa da empresa para negociar un novo acordo e as condicións laborais que sofren, con xornadas de condución continuada durante 10 horas e situacións de tensión "extrema".
PREXUÍZO PARA Os CIDADÁNS
Tamén recalcaron que a prestación do servizo é deficiente por falta de persoal e moitas veces impídese aos viaxeiros subir ao bus nas paradas por ter aforo completo, "habendo buses na cocheiras".
Segundo explicaron, ante esta situación, o Concello, "como adxudicador" do servizo, debería requirir á empresa "para que dea unha solución inmediata". Do mesmo xeito, criticaron que o alcalde, Abel Caballero, non respondese á súa solicitude de manter un encontro.
A folga continuará durante toda a fin de semana (sábado e domingo) e anunciaron que se concentrarán nas inmediacións de Montero Ríos, onde os próximos días celébranse as competicións do festival O Marisquiño.
Escribe o teu comentario