O público poderá volver a Rapa das Bestas de Sabucedo a finais de agosto, pero con limitacións

A Asociación Rapa dás Bestas de Sabucedo informou de que a venda ao público das entradas para asistir aos curros do sábado 28 de agosto (18,00 horas) e o domingo 29 (12,00 horas) realizarase exclusivamente de maneira anticipada a través da páxina web 'rapadasbestas.gal'.

|

Aínda non se sabe o aforo que terá o curro da máis popular das rapas de Galicia porque os veciños aínda están a finalizar o protocolo


Arquivo - Rapa Dás Bestas en Sabucedo, en Pontevedra

A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo informou de que a venda ao público das entradas para asistir aos curros do sábado 28 de agosto (18,00 horas) e o domingo 29 (12,00 horas) realizarase exclusivamente de maneira anticipada a través da páxina web 'rapadasbestas.gal'.

Segundo concreta, non se abrirá ata que estea ultimado o protocolo anti covid-19 que se está elaborando para "garantir o cumprimento da normativa sanitaria e priorizar a saúde de todas as persoas implicadas".

A data de apertura da venda en liña anunciarase --ratifica-- nas próximas semanas a través das redes sociais e os medios de comunicación, e o prezo das entradas será de 11 euros máis os gastos de xestión da plataforma de venda.

En todo caso, a asociación xa anticipa que "o aforo do curro será moi reducido" e que as restricións sanitarias obrigarán tamén a "limitar notablemente" a acreditación de medios e profesionais da comunicación.

Neste sentido, avánzase que o prazo de acreditación tamén se dará a coñecer proximamente nas redes sociais e advírtese que, como norma xeral e excepto para casos puntuais autorizados pola asociación, nesta edición non se permitirá aos profesionais gráficos baixar ao curro para captar imaxes entre os cabalos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE