Apóiase ao rural? Muras, outro municipio sen médico e sen Abanca, rescatada no seu día con fondos públicos

O alcalde de Muras (Lugo), o nacionalista Manuel Requeixo, arremeteu contra a Xunta de Galicia por non defender o "rural" e escudarse en "eslóganes que só son palabras".

|

Saír de Muras non é doado, sobre todo no inverno, pero aos veciños non lles quedará outra que desafiar as perigosas curvas do Alto da Gañidoira para satisfacer necesidades básicas.


O SERGAS non atopa  médico para a súa PAC e Abanca, entidade herdeira do banco que rescatamos con 9.159 millóns públicos, pecha outra sucursal rural, deixando ao concello sen ningunha oficina bancaria.


Oficina de Caixa Galicia en Muras que pasu00f3 Abanca ata que a cerru00f3 en 2021 nunha foto de Google Street View

Oficina de Caixa Galicia en Muras que pasou Abanca ata que a pechou en 2021 nunha foto de Google Street View 


O alcalde de Muras (Lugo), o nacionalista Manuel Requeixo, arremeteu contra a Xunta de Galicia por non defender o "rural" e escudarse en "eslóganes que só son palabras".

Neste concello hai unha semana pechou a única oficina bancaria de Abanca, ao que se suma que non contan con médico substituto para as vacacións do titular do centro de saúde.

Do Punto de Atención Continuada (PAC), Requeixo lamentou que no Sergas dinlles " que non hai profesionais que veñan facer as vacacións do médico" que teñen no centro de saúde.

"Ao final o que vemos é que se están retirando servizos dun concello rural como é Muras, todos eses eslóganes de que hai que volver ao rural só son palabras", afeou. "Se non temos servizos no rural, o rural desaparece e faino ao non dispoñerse de servizos como estes, sen unha oficina bancaria (deixáronlles un caixeiro) e sen médico no verán", abunda.


"Por moitas medidas que tomemos no concello para facer atractivo o municipio hai competencias que non están nas nosas mans", queixouse o rexedor.


ABANCA BUSCA SUBVENCIÓNS PARA REABRIR

En canto ao caso de Abanca aproveitou para lembrar que "á antiga Caixa Galicia tívose que rescatar con diñeiro público, está a obter beneficios de centos de millóns de euros ao ano e non é de recibo que pechen oficinas". "E, ademais, a entidade bancaria trasladounos a posibilidade de que falásemos coa Xunta para subvencionar a instalación da entidade bancaria e iso é surrealista, péchannos unha entidade e logo, por riba, temos que pagar para volver abrila", apostilou.


Do centro de saúde, engadiu que "levan anos solicitando melloras no devandito centro que ten moita demanda porque a poboación do concello está moi envellecida".


Segun os datos publicados polo INE ao 1 de Xaneiro de 2020 o número de habitantes en Muras é de 619, 23 habitantes menos que o no ano 2019. Empezou o século con 1.151 e en 1.980 tiña uns 2.200. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE