Mapa de novas restricións municipais en Galicia vixente desde o sábado debido ao coronavirus

Nivel máximo de restricións para 7 municipios: O Barco na provincia de Ourense; as pontevedresas de Cambados, Sanxenxo, Meaño e O Grove; e as coruñesas da Pobra do Caramiñal e Boiro.Os parques e xardíns públicos e as praias pecharán entre as 00:00 e as 06:00.Establecementos de hostalería e restauración: Interior 30% (maiores de 12 anos deberán presentar certificado) e terrazas: 50%.Lecer nocturno: 50% de terrazas permitidas.


|

Ademais de as restricións vixentes en todo o territorio, como a prohibición de reunirse máis de 10 persoas en exteriores, hai limitacións que varían en función do concello. Por exemplo, se hai que presentar certificado ou non para acceder á hostalería que non sexa lecer nocturno.


Este mapa de Galiciapress traslada as restricións publicadas no DOG e irase actualizando a medida que a Xunta actualice as limitacións. As limitacións entran en vigor ás 00 horas do sábado, é dicir, na madrugada do venres ao sábado.





Nivel máximo de restricións para 7 municipios: O Barco na provincia de Ourense; as pontevedresas de Cambados, Sanxenxo, Meaño e O Grove; e as coruñesas da Pobra do Caramiñal e Boiro.



  • Os parques e xardíns públicos e as praias pecharán entre as 00:00 e as 06:00.
  • Establecementos de hostalería e restauración: Interior 30% (maiores de 12 anos deberán presentar certificado) e terrazas: 50%.
  • Lecer nocturno: 50% de terrazas permitidas. Peche á 1 p.m. 




Nivel alto de restricións para 29 municipios: catro deles na provincia ourensá: Ourense, Avión, Barbadás e O Carballiño; oito na coruñesa: Porto do Son, Carballo, Fisterra, Oleiros, Vimianzo, Arzúa, Ribeira e Melide; cinco na lucense: Burela, Viveiro, Cervo, Foz e Ribadeo; e 12 pontevedreses: Vigo, A Illa, Vilagarcía, Vilanova, Marín, Poio, Pontevedra, Baiona, Gondomar, Nigrán, O Rosal e Tomiño. Iso supón, puntualizou o mandatario galego, un 31,4 por cento da poboación de Galicia, unhas 849.000 persoas.



  • Os parques e xardíns públicos e as praias pecharán entre as 00:00 e as 06:00.  
  • Establecementos de hostalería e restauración: Interior 50% (maiores de 12 anos deberán presentar certificado) e terrazas: 50%.
  • Lecer nocturno: 50% de terrazas permitidas. Peche á 1 p.m.




Nivel medio para 38 concellos: Beariz, Entrimo, Boborás, Maceda, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao, Ribadavia e Vilamartin de Valdeorras na provincia de Ourense; e Sarria, Mondoñedo, Lugo e Vilalba na de Lugo.  Na provincia coruñesa inclúense os concellos da Coruña, Culleredo, Cambre, Sada, Ames, Muros, Noia, Oroso, Santiago, Teo, Fene, Ferrol e Mugardos. E na provincia de Pontevedra están neste nivel Meis, Silleda, Pontecesures Ribadumia, Caldas de Reis, Redondela, Bueu, Ponte Caldelas, A Guarda, Moaña, Mos, O Porriño e Tui. O resto de localidades enmárcanse no nivel medio-baixo.



  • Os parques e xardíns públicos e as praias pecharán entre as 00:00 e as 06:00.
  • Establecementos de hostalería e restauración: Interior 50% e terrazas: 50%. Non se require certificado.
  • Lecer nocturno: 50% interior permitido (requírese presentación de certificado) e 100% terrazas. Peche ás 3 p.m. 


Nivel medio-baixo para 239 municipios: todos o non mencionados anteriormente. 



  • Os parques e xardíns públicos e as praias pecharán entre as 00:00 e as 06:00.  
  • Establecementos de hostalería e restauración: Interior 50% e terrazas: 100%.
  • Lecer nocturno: 50% interior permitido (requírese presentación de certificado) e 100% terrazas. Peche ás 3 p.m. 



 

PSnmy niveis de restricións municipais en galicia



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE