Covid municipios: Explosión de contagios xamais vista en Vigo mentres Ourense e Sanxenxo seguen á baixa


|

Os niveis de coronavirus de Galicia son tan altos que, a pesar de que estes días van aparecendo bastantes concellos con descensos relevantes, case ningún logra abandonar o peor dos niveis posibles no mapa de incidencia semanal.


Por exemplo, Ourense (-66), Pontevedra (-11) e Sanxenxo (-10), conseguen hoxe rebaixas considerables dos seus cómputos semanais. Con todo, continúan en risco extremo, segundo os criterios do semáforo oficial de alertas para a incidencia semanal, en negro no mapa que a diario actualiza Galiciapress.


Lembrar que o mapa de incidencia non corresponde con o mapa de restricións. Desde o sábado están en limitacións máximas O Barco na provincia de Ourense; os pontevedreses de Cambados, Sanxenxo, Meaño e O Grove; e os coruñeses da Pobra do Caramiñal e Boiro. De todos eles, só O Grove segue cun claro ascenso, +15 hoxe. O resto crece pouco ou leva xa días á baixa, particularmente Sanxenxo, que encadea catro días de descensos.

 




Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte: 



  • Boiro +1
  • Brion +1
  • Cedeira +1
  • Naron +1
  • Oroso +1
  • Padron +1
  • Chantada +1
  • Ribadumia +1
  • Vilanova De Arousa +1
  • Illa de Arousa +1
  • Laracha +2
  • Ribeira +2
  • Lugo +2
  • Monterroso +2
  • Boboras +2
  • Carballiño (Ou) +2
  • Rua (A) +2
  • Verin +2
  • Nigran +2
  • Salceda De Caselas +2
  • Silleda +2
  • Soutomaior +2
  • Noia +3
  • Valdoviño +3
  • Celanova +3
  • Monterrei +3
  • Lalin +3
  • Ames +4
  • Culleredo +4
  • Burela +4
  • Meaño +4
  • Vilaboa +4
  • Piñeiro (Ou) +5
  • Rianxo +5
  • Cariño +5
  • Garda (A) +5
  • Meis +5
  • Porriño (Ou) +5
  • Muros +6
  • Caldas de Reis +6
  • Roseira (Ou) +6
  • Monforte de Lemos +7
  • Ribadeo +8
  • Cangas +8
  • Cambre +9
  • Pontes De Garcia Rodriguez (As) +9
  • Redondela +9
  • Carballo +10
  • Ponteareas +10
  • Arteixo +12
  • Grove Ou +15
  • Foz +17
  • Coruña (A) +18
  • Santiago de Compostela +21
  • Vigo +113



Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:


  • Ourense -66
  • Pontevedra -11
  • Sanxenxo -10
  • Porto do Son -9
  • Poio -7
  • Sarria -6
  • Viveiro -6
  • Cambados -6
  • Marin -5
  • Carral -4
  • Fisterra -4
  • Melide -4
  • Cervo -4
  • Barbadas -4
  • Tomiño -4
  • Barco De Valdeorras (Ou) -3
  • Baiona -3
  • Fene -2
  • Oleiros -2
  • Vimianzo -2
  • Barro -2
  • Estrada A -2
  • Gondomar -2
  • Moaña -2
  • Ponte-caldelas -2
  • Tui -2
  • Arzúa -1
  • Betanzos -1
  • Cee -1
  • Ferrol -1
  • Ordes -1
  • Ortigueira -1
  • Barreiros -1
  • Vilalba -1
  • Ribadavia -1
  • Salvaterra De Miño -1



A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa: 




CIDADES

A peor noticia é sen dúbida o +113 no cómputo semanal de casos activos de Vigo. É un dato puntual ou reflicte unha aceleración do empeoramento?


A gráfica da curva a 14 días de Vigo non deixa lugar a dúbidas. Vigo está a sufrir unha verdadeira explosión de contagios, xamais vista. Nun só día o cómputo a 14 días subiu en +118. O anterior récord, de finais de xaneiro, era de +105. O único consolo é que esta cifra pode estar alimentada en parte polo estánd da Xunta para facer probas de antígenos na rúa,  que empezou o sábado.








EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Todos os distritos sanitarios sofren alzas hoxe no seu cómputo de casos activos. Con todo, non son da mesma magnitude. As de Pontevedra, Ourense e Ferrol son alzas relativamente moderadas. Especialmente significativa é a evolución de Ourense. Onte logrou o primeiro descenso en Galicia neste mes e hoxe, aínda que sofre un repunte pese ao descenso do cómputo semanal na capital, a súa curva segue aparentando estar próxima a un pico.




Galicia supera xa o mes con aumentos consecutivos de casos activos, que ascenden a 16.754. Son 762 máis que os notificados por Sanidade este sábado, ao haber máis novos diagnósticos que altas no último día.

O ascenso sostido dos pacientes de covid nas últimas semanas é palpable se se compara coa cifra coa de sete días atrás. En concreto, o pasado domingo Sanidade notificaba 10.363 casos activos na Comunidade.

Por áreas sanitarias, este parámetro aumentou nas últimas 24 horas en todas as áreas. A que contabiliza un maior incremento é a área de Vigo, con 3.915 casos activos (+181); seguida de preto pola Coruña-Cee, con 2.986 casos (+177); a de Lugo-A Mariña-Monforte, con 1.761 (+144); Santiago, con 2.100 (+110); Pontevedra-O Salnés, con 2.873 infeccións activas (+88); Ferrol, con 758 (+33), e por último, a de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con 2.361 casos (+29) 

DATOS DE HOXE POR ÁREA

Os novos contagios de covid-19 detectados por todo tipo de probas nun só día situáronse en 1.370, unha cifra que queda por baixo da barreira dos 1.400 e que implica un importante descenso con respecto aos 1.539 casos notificados o venres por Sanidade, récord da quinta onda. Con todo, este dato acumula xa cinco días consecutivos por encima do milleiro tras arrincar a semana con 975.

Dos 1.370 positivos detectados por calquera tipo de test, a área de Vigo sumou 359 novas infeccións, seguida da Coruña-Cee con 279.

Tras estas, sitúanse a de Santiago, con 187 casos; e as de Lugo-A Mariña-Monforte e Pontevedra-O Salnés, empatadas con 184. Por detrás, a área de Ourense-Verín-O Barco, con 122; e a de Ferrol, con 55. 


PRESIÓN HOSPITALARIA HOXE POR ÁREA

No que respecta a a situación dos hospitais, segundo os datos actualizados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do sábado, recollidos por Europa Press, os pacientes de covid-19 que requiren ingreso aumentaron ata os 227 en total (+21). De todos eles, 205 atópanse en planta (+22), mentres que os enfermos en unidades de coidados intensivos descenden ata os 22 (-1).

Por áreas sanitarias, esta evolución negativa prodúcese en cinco das seis. A que máis aumenta é a área da Coruña-Cee, que contabiliza 53 hospitalizados (+9), con 44 pacientes en planta e 9 en UCI (sen cambios). Séguea Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, onde os ingresados aumentan en seis persoas e alcanzan os 47 pacientes, dos que dous están en unidades de críticios (+1).

Tamén soben os pacientes que requiren ingreso nas áreas de Santiago, onde se alcanzan os 19 hospitalizados (+4), aínda que os pacientes en UCI non variaron (2); e na de Lugo-A Mariña-Monforte, con 3 hospitalizados máis que este sábado, 21 en total, aínda que aquí xa non se atopan pacientes en críticos (-1).

A área de Vigo sofre tamén un lixeiro aumento, e alcanza os 35 pacientes hospitalizados (+2), mentres que os ingresados en unidades de coidados intensivos, catro, mantéñense sen cambios. Pontevedra-O Salnés conta, pola súa banda, cun paciente máis ingresado e alcanza así os 38 pacientes, dos que catro se manteñen en coidados intensivos -igual que este sábado--.

A única área que baixa é a de Ferrol, que rexistra 13 hospitalizados (-1), aínda que si soben os pacientes en críticos, dúas persoas (+1). 


PGZkW incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia (9)


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE