O Concello de Ourense móstralle a Cuba a súa preocupación polo ourensán detido nas protestas

|

Arián González é un cubano que leva anos afincado ás beiras do Miño e que volvera á illa para buscar á súa familia


Momento de la detenciu00f3n de Ariu00e1n Gonzu00e1lez

Detención de Arián González nunha foto da CRTVG


O avogado e xadrecista hispano-cubano Arian González foi detido na Habana o pasado 12 de xullo, feito polo que o Concello de Ourense interesouse polo seu estado enviándolle unha carta á cónsul da República de Cuba en Galicia para que "se resolva canto antes" a súa situación.


GRAN MESTRE DE XADREZ

O xadrecista, fincado en Ourense, viaxou o pasado 7 de xullo a Cuba para visitar á súa nai e foi detido o día 12 acusado de delitos de desorde pública e de incitar ás masas. A detención produciuse no contexto dunha manifestación pacífica na que o avogado participaba.

Estivo interno na prisión da Pendente onde levaba tres días en folga de hambre e sede ata que este xoves foi liberado preventivamente, aínda que terá que permanecer no país ata a celebración do xuízo. A súa familia e contorna máis próxima denunciou torturas psicolóxicas mentres estaba na prisión.


INICIATIVA DE CIDADÁNS

Por todo iso o Concello de Ourense remitiu este venres unha carta á Cónsul Xeral da República de Cuba en Galicia, Yahima Martínez Millán, interesándose polo estado do avogado, cidadán residente en Ourense.

Na carta enviada por iniciativa do portavoz do Grupo Municipal de Cidadáns, José Araújo, segundo trasladou o Consistorio, expóñense "os profundos lazos" que unen Ourense coa illa do Caribe desde que se formalizou a irmandade co municipio de Praza da Revolución na Habana en setembro do ano pasado. Unha irmandade que desde o Consistorio aseguran "materializouse en diferentes proxectos de colaboración".

SOLIDARIEDADE A NIVEL AUTONÓMICO
Deste xeito, o Concello de Ourense manifestou "a súa preocupación" pola situación de González e, apelando a "a solidariedade" da representante do pobo cubano, piden que "se resolva canto antes".

Así as cousas, a formación laranxa no ámbito autonómico ha presentado ante a Mesa do Parlamento de Galicia unha petición para que se inste á Xunta e ao Goberno central a solicitar ao goberno de Cuba "a inmediata posta en liberdade" de Arián González Pérez.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress