Galicia vai camiño duns 400 hospitalizados e parece preto de alcanzar un pico de contaxios

As hospitalizacións seguen crecendo cando no mellor dos casos aínda quedan varias semanas de máis e máis presión hospitalaria, o que levou ao xerente do SERGAS en Ourense de cualificar o escenario de "moi preocupante".


|

Os 1.008 novos positivos por PCR comunicados hoxe apontoan as esperanzas de que Galicia estea a chegar o pico de contagios a quinta onda. Os índices semanais de transmisión seguen crecendo, pero cada vez menos.


Os casos activos tamén continúan aumentando, pero por segunda xornada consecutiva a media semanal do cambio porcentual, o indicador historicamente máis fiable para detectar os cambios de rumbo, descende. 


As hospitalizacións seguen crecendo cando no mellor dos casos aínda quedan varias semanas de máis e máis presión hospitalaria, o que levou ao xerente do SERGAS en Ourense de cualificar o escenario de "moi preocupante".





incidencia acumulada semanal sobe de 269 a 280. É a peor cifra desta onda e a peor desde o 2 de febreiro, pero o salto de hoxe é o máis curto desde o 8 de xullo. 


incidencia acumulada a 14 días crece de 392 a 420 positivos por cada 100.000 galegos en dúas semanas.  O dobre da incidencia semanal (560) é maior que a incidencia bisemanal (420). A razón de taxas é por tanto do 1,33; o que quere dicir que na última semana houbo aproximadamente un 33% de contagios máis que na penúltima. Agora ben, a razón de taxas fai catro días era do 1,42. Así podemos concluír que a pandemia segue empeorando a diario, pero que ese empeoramento empezou a perder impulso.


A taxa de positividade onte foi outra vez pésima, desmesurada, un 16,2% produto de só 6.222 PCRs. 


SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS

Segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, a taxa de positividade de Galicia segue no peor dos niveis posibles por segundo día consecutivo. Correspóndelle risco extremo ás autonomías cunha media semanal superior ao 15%, Galicia está nun 15,51%. Iso si, do mesmo xeito que noutros indicadores, nótase que os crecementos son cada día menores. De feito o de hoxe é moi pequeno comparado cos saltos previos. 




O mesmo sucede coa incidencia semanal. Está en risco extremo e cada día afástase máis do risco alto. Afortunadamente, tamén parece que o salto é cada día un pouquiño máis curto. 





EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un 8,6% .A media semanal, o indicador máis relevante, dá o segundo pasito consecutivo na boa dirección, caendo do 11,9% ao 11,4%.


Isto quere dicir que cada día que pasa o SERGAS ten que lidar con máis e máis pacientes, 11,4% máis cada día de media semanal. Agora ben, este incremento é cada día un pouco menor. Dado o comportamento en ondas da pandemia, salvo sorpresa empezou un lento retroceso que nos debese levar, eventualmente, a unha caída paulatina de casos activos dentro dunhas semanas.





En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso  +951 ,que deixa o total en Galicia en  12.307 casos activos. 


HOSPITALIZADOS

As autoridades están a resistirse a endurecer as restricións debido a que a porcentaxe de falecementos é moitísimo menor. Por exemplo, a taxa de letalidade nos últimos 30 días esborrallouse ata o 0,22%; cando na terceira onda chegou a ser do 4%. No conxunto da pandemia antes da irrupción das vacinas foi do 2%, unhas dez veces máis e contando os meses de inmunización anda polo 1,7%. 


Non hai dúbida que a cifra de mortes non é comparable, por exemplo en todo xullo Galicia só lamenta sete falecementos, un onte. Con todo, o volume de hospitalizacións en planta si é relevante. Estamos xa en 128, cando a mediados de xuño había só 30.







CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • A pandemia segue crecendo día tras día tanto en contagios como en hospitalizacións. 
  • Afortunadamente, o crecemento dos contagios está a mandar sinais de estar a alcanzar un pico. Teniendo en cuenta o atraso que hai entre as estatísticas de positivos e os contagios no mundo real, é posible incluso que o alcanzaramos xa, aínda que as gráficas aínda non o reflicten.
  • Lamentablemente, de ser certa esta hipótese, no mellor dos escensarios posibles, aínda quedarían dous ou tres semanas máis de incremento de hospitalizados.  Algo moi preocupante para algunhas áreas sanitarias como Ourense, onde xa hai uns 40 hospitalizados. 
  • Na última semana duplicar o número de hospitalizados. De quedar polo menos dúas semanas máis de hospitalizacións, no mellor dos escenarios posibles, non sería de estrañar que Galicia roldase ou superase os 400 hospitalizados en planta ou que Ourense tivese que soportar máis de 150, situación que non sería de colapso, pero que si supoñería unha forte tensión ao sistema.
  • O comité clínico do SERGAS se reune en cuestión de horas. O venres evitou novas restricións a pesar da evidente explosión de contagios, unha innación inédita e moi sorprendente. Está por ver que medidas adopta hoxe. 


DATOS POR ÁREAS

Una das mellores noticias hoxe é que Ourense por vez primeira en moito días queda por baixo dos 100 contagios,  89 en concreto. En proporción ao seu tamaño, a peor cifra de hoxe é a de Pontevedra, con 217 novos diagnósticos.




Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress. 


D0Kk7 hospitalizados en planta por covid en galicia  (1)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE