Tempo para este martes en Galicia: ceo con poucas nubes e néboas costeiras na costa atlántica

|

Predicións para o martes 20 de xullo en Galicia.

Este martes a situación sinóptica será moi similar á do luns, con influencia anticiclónica sobre Galicia, pero con entrada de aire húmido atlántico. Así, espérase ceo con poucas nubes en xeral, con néboas costeiras na costa atlántica. Pola tarde crecerán nubes de evolución no interior, que poden dar lugar a algún chuvasco tormentoso.

Segundo información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo, de dirección variable, con predominio do noroeste.

Pola súa banda, as temperaturas non terán cambios significativos ou experimentarán lixeiros descensos. Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán ata os 35 graos en Ourense e os valores mínimos descenderán ata os 14 graos en Santiago.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress