Nin un só novo contaxio na Deputación de Lugo tras confirmarse o positivo do director Óliver Laxe
A Deputación de Lugo informou de que as probas de diagnóstico da covid-19 realizadas a oito persoas da institución que estiveran co cineasta Oliver Laxe nun acto o pasado día 15 de xuño deron un resultado negativo.
A pasada fin de semana, cando transcendeu o positivo do cineasta galego, a administración provincial lucense anunciou un cribado entre os seus traballadores.
As probas realizadas ás oito persoas que estiveron en contacto co director de cinema non lanzaron resultados positivos.
O director de cinema Óliver Laxe | Foto: EP
A Deputación de Lugo informou de que as probas de diagnóstico da covid-19 realizadas a oito persoas da institución que estiveran co cineasta Óliver Laxe nun acto o pasado día 15 de xuño deron un resultado negativo.
Nun comunicado remitido aos medios, a Deputación de Lugo lembra que o Servizo de Prevención decidiu realizar as probas tras coñecerse o positivo en coronavirus do cineasta.
En concreto, este servizo citou para o luns ás oito persoas que estiveron en contacto co artista co obxectivo de "extremar as precaucións" e aplicando o seu protocolo de actuación, que complementa o do Sergas.
Escribe o teu comentario