O galego Sen Senra será un dos cabezas de cartel do Festival Brillante de Madrid en setembro
Os Planetas, Sen Senra e Maria Arnal i Marcel Bagés serán os cabezas de cartel do novo Festival Brillante en Chapinería, localidade na Serra Oeste de Madrid, os días 24, 25 e 26 de setembro de 2021.
O neo-soul de Christian Senra, natural de Forcarei, foi unha das revelacións a nivel estatal do ano pasado grazas a temas tan elegantes como "Xa non che fago falta".
Os Planetas, Sen Senra e Maria Arnal i Marcel Bagés serán os cabezas de cartel do novo Festival Brillante en Chapinería, localidade na Serra Oeste de Madrid, os días 24, 25 e 26 de setembro de 2021.
TRANSPORTE
Haberá concertos en varios escenarios, comida local, artesanía e deporte ao aire libre. Ademais, ofreceranse espazos infantís, onde os nenos poderán gozar de concertos especiais e actividades na Granxa Escola O Pombal.Para chegar a este enclave madrileño, haberá lanzadeiras ao dispor dos asistentes, así como servizos de transporte público e tamén un aparcadoiro habilitado para vehículos privados.
Escribe o teu comentario