​Asociación de afectados pola fauna salvaxe reclama as desfeitas dos xabarís ante a xustiza

A Asociación de Perxudicacados pola Fauna Salvaxe en Galicia (APERFASA) iniciou os trámites nos xulgados para reclamar os danos causados polos xabarís.


|

A Asociación de Perxudicacados pola Fauna Salvaxe en Galicia (APERFASA) iniciou os trámites nos xulgados para reclamar os danos causados polos xabarís.


A denuncia está motivado polas desfeitas causadas polos animais en ata tres tecores, aínda que anuncian que están a tramitar a documentación para reclamar os danos en, polo menos, outros tres.


Xabaril, monte, caza, bosque.

Xabaril salvaxe | Foto: EP


A convivencia dos gandeiros e agricultores galegos cos xabarís volveuse insostible. As desfeitas e danos dos animais en cultivos e zonas de pastoreo, ademais do risco que supón para os propios traballadores do sector primario, levou á Asociación de Perxudicacados pola Fauna Salvaxe en Galicia (APERFASA) a buscar solucións pola vía xudicial.


Así, anunciaron o inicio dos trámites para reclamar compensacións polos danos destes animais en tres tecores, aínda que puntualizan que tamén están a preparar a documentación para levar a cabo o mesmo proceso polos danos rexistrados noutros tres tecores.


A asociación leva tempo dicindo que a única opción viable para resolver o problema é a vía xudicial, xa que a lexislación só nos permite poder reclamar os danos producidos polo xabaril aos tecores”, lamentan desde a plataforma. Nese sentido, destacan que nin agricultores nin gandeiros atópanse en situación de “asumir máis perdas”.


Na mesma liña, celebran a postura adoptada hai uns días por Unións Agrarias, que do mesmo xeito que APERFASA “ recorrerá á vía xudicial para reclamar os danos ocasionados polo xabaril”, un “cambio de rumbo” que celebran desde a organización. “Sorpréndenos gratamente”, manifestan, á vez que animan a outros sindicatos e asociacións de agricultores e gandeiros a sumarse a esta corrente.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE