(VÍDEOS) Os efectos dos ventos tempestuosos e a tromba que azoutou Ourense: cadeiras voadoras, árbores caídas, riadas...

|

A cidade termal viviu onte un domingo de pleno inverno polo efecto da tormenta estival que en cuestión de minutos provocou cuantiosos estragos en Ourense.


Só na cidade rexistráronse máis dun centenar de incidencias e danos, tal e como relatou esta mañá o alcalde da localidade, Gonzalo Pérez Jácome. Os veciños postearon nas redes os efectos da tormenta.



Á maioría a tremenda tromba de auga que descargou a tormenta en cuestión de minutos pillounos por sorpresa. De feito, a maioría de terrazas non foran desmontadas ante a proximidade da choivas, o que provocou que mesas e cadeiras saísen voando polo efecto do vento e a choiva. 



A tormenta mesmo provocou accidentes e cortes de tráfico. Á altura do barrio do Couto un particular informou ao redor das 20 horas dun sinistro no que un coche quedou envorcado. Os dous ocupantes do turismo, ambos de 21 anos, puideron abandonalo polo seu propio pé.


A choiva e o forte vento provocou que a auga se coase en moitas vivendas e que o sistema de drenado colapsásese nalgúns puntos.





A caída de árbores provocou os cortes de tráfico en varias rúas da cidade, como a Avenida Buenos Aires ou a Rúa Pablo Iglesias, así como a caída dalgúns sinais de ciruclación.




En calquera caso, os tellados foron os principais damnificados: tellas rotas, teitos desprendidos... Isto ocasionou danos en vehículos estacionados e mesmo na piscina olímpica do pavillón, aínda que desde a administraicón local advirten que aínda é pronto para coñecer os resultados da avaliación.


Nestes momentos proseguen os labores por parte dos servizos municipais da capital ourensá para a retirada de ramas e árbores caídos, tratando así de recuperar canto antes a normalidade. Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais graves.



Os ourensáns aproveitaron a inusual tormenta para rexistrar cos seus teléfonos os efectos do temporal. Algún sacoulle partido ao suceso para alertar das consecuencias do cambio climático, mentres outros apostaron máis pola broma e sacarlle ferro ao asunto. 







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress