Reino Unido para o fin das restricións pola propagación do variante delta, antes coñecida como india
A incidencia acumulada a 14 días do Reino Unido tocou fondo a mediados de maio, con 39 positivos por cada 100.000 habitantes. O 1 de xuño xa era de 59. Dez días despues era case o dobre, 103. A de Galicia é agora de 43.
Esta cepa é un 60% máis contaxiosa que a variente inicial do coronavirus. A súa presenza en Galicia por agora é limitada, aínda que vai gañando forza.
Noutras autonomías, como Madrid ou Cataluña, a delta ten un maior peso e de feito Madrid recoñeceu que hai transmisión comunitaria dela. Por iso a chegada de turistas en xullo supón un factor de risco engadido a o estancamento da melloría galega.
A incidencia acumulada a 14 días do Reino Unido tocou fondo a mediados de maio, con 39 positivos por cada 100.000 habitantes. O 1 de xuño xa era de 59. Dez días despues era case o dobre, 103. A de Galicia é agora de 43.
Boris Johnson @ep
Fuentes gobernamentais confirmaron á BBC que os ministros de Reino Unido asinaron unha decisión para atrasar o levantamento de todas as restricións que estaba prevista para o próximo 21 de xuño durante outras catro semanas.
Debido ao repunte de casos de coronavirus, está previsto que o primeiro ministro, Borish Johnson, anuncie este atraso, o que provocará duras críticas.
De feito, o ministro de Saúde británico, Matt Hancock, confirmou a principios de mes que o Goberno contemplaba abertamente a posibilidade de aprazar a data de reapertura.
Reino Unido rexistrou 7.490 casos positivos de coronavirus este domingo e oito novas mortes, segundo os datos comunicados por o Ministerio de Saúde.
En termos xerais, o país rexistrou un total de 127.904 falecidos e 4,5 millóns de contagios.
Escribe o teu comentario