(VÍDEO) As orquestras únense para cantar á esperanza e reivindicar a cultura segura
Despois dun ano de pesarilla, as verbenas poderían regresar este verán -con restricións- e, con elas, as orquestras. O sector, tan castigado pola pandemia, espera volver aos escenarios pronto.
Despois dun ano de pesarilla, as verbenas poderían regresar este verán -con restricións- e, con elas, as orquestras. O sector, tan castigado pola pandemia, espera volver aos escenarios pronto.
Por iso, un nutrido grupo de grandes orquestras galegas uníronse para cantar cunha soa voz unha particular versión do tema 'Cor Esperanza', todo un himno durante esta crise sanitaria.
Combo Dominiquicano, Paris de Noia, Panorama, Cinema, Vulkano, A Resistencia, A Última Lexión... Non, non é o mellor programa da historia das festas de pobo, pero podería. A Asociación Axuste, encargada de "velar, protexer e mellorar os intereses comúns do sector cultural, máis en concreto e por primeira vez na historia, a defensa e unión do sector das festas populares", logrou reunir aos mellores artistas do panorama nacional para reivindical a unha industria castigada pola crise e polas continuas restricións.
Agora, grazas ao avance da vacinación e a melloría epidemiolóxica de territorios como Galicia, desde o sector móstranse impacientes por volver canto antes aos escenarios e motivos non lle faltan.
"Porque somos alegría, porque a cultura é segura, pola España Baleirada, porque somos esenciais, porque somos vacina para a alma, porque a música é saúde, porque somos industria...", por estes motivos e moitos outros as orquestras reclaman baixo o lema '#LaCulturaEsSegura' que chegou o momento de reactivar o sector.
A chamada do sector mesmo chegou alén do charco. Desde Arxentina, Coti, autor de 'Cor Esperanza', mandou o seu apoio ao sector e agradeceu que usasen o seu tema para a campaña "con tanta xente que está a sufrir pola falta de traballo". Técnicos, músicos, iluminadores, as persoas de produción...de todos os actores que compoñen as verbenas acordouse o artista rosarino.
"Para min é un orgullo ser parte e apoiar esta causa. Para todos o meu apoio e o meu agradecemento. Oxalá isto normalícese", concluíu Coti.
Escribe o teu comentario