"O teu futuro é máis claro que a auga", campaña dun FP no que o 70% dos mozos conseguen emprego

É dicir, os estudantes acoden ás aulas á vez que á compañía, coñecendo in situ como se xestiona unha rede. “As persoas que realicen a Formación Profesional Dual Water contarán cunha formación especializada, que implica o dominio de ferramentas adaptadas á realidade laboral actual, facilitando a eficiencia e mellora continua dos servizos que presta.” - comenta Alicia Royo, Directora de recursos humanos de Viaqua. Este FP leva en marcha desde fai catro anos e, por agora, os resultados indican que seguirá en marcha máis tempo.


|

Atraer a pontenciales alumnos ao FP de Redes e Estacións de Tratamento de Auga. Este é un dos obxectivos da campaña "O teu futuro é máis claro que a auga".


É unha iniciativa da empresa de xestión de auga Viaqua xunto á Xunta de Galicia e a o CIFP Politécnico de Santiago de Compostela.


Cartel promocional da campau00f1a en a Praza Roxa de Santiago

Cartel promocional da campaña na Praza Roxa de Santiago 


Trátase dun ciclo de formación profesional dual. É dicir, os estudantes acoden ás aulas á vez que á compañía, coñecendo in situ como se xestiona unha rede. “As persoas que realicen a Formación Profesional Dual Water contarán cunha formación especializada, que implica o dominio de ferramentas adaptadas á realidade laboral actual, facilitando a eficiencia e mellora continua dos servizos que presta.” - comenta Alicia Royo, Directora de recursos humanos de Viaqua. 


Este FP leva en marcha desde fai catro anos e, por agora, os resultados indican que seguirá en marcha máis tempo. Segundo a empresa, "ten unha taxa de inserción laboral superior ao 70% entre os mozos menores de 25 anos", algo moi atrayente para os mozos galegos, que se enfrontan a taxas de desemprego a miúdo superiores ao 50%. 


PRAZOS E FORMA DE ANOTARSE

O prazo de inscrición abrirase na segunda quincena de xuño e permanecerá aberto ata completar as 15 prazas ofertadas. Os interesados deberán inscribirse no propio centro CIFP Politécnico de Santiago ou en calquera centro que ofreza a modalidade de FP Dual. 


As prácticas realizaranse en diferentes centros Viaqua situados nas catro provincias galegas, nos que pasarán por diferentes traballos relacionados co ciclo urbano da auga: Depuradoras de Augas Residuais (EDAR), Depuradoras de Auga Potable (ETAP) e obra de rede.


A campaña "O teu futuro é máis claro que a auga" empeza agora en Santiago pero pasará por outras cidades galegas. Para os seus organizadores estamos ante "un exemplo de colaboración público-privada que combina o coñecemento específico das empresas operadoras coa planificación dunha oferta formativa axustada ás demandas profesionais do sector e da sociedade". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE