Novos alivios das restricións son posibles pois os positivos covid semanais seguen á baixa

Os 83 novos positivos confirmados hoxe por PCR confirman a tendencia á baixa do covid-19 en Galicia. Con todo, contribúen a un lixeiro repunte da incidencia a 14 días que impide que Galicia baixe de 50 diagnósticos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas.  O país, segue, por tanto, en risco medio, segundo os criterios do semáforo de alertas para este indicador.


|

Os 83 novos positivos confirmados hoxe por PCR confirman a tendencia á baixa do covid-19 en Galicia, polo menos no que se refire á evolución semanal.


Con todo, contribúen a un lixeiro repunte da incidencia a 14 días que impide que Galicia baixe de 50 diagnósticos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas.


O país, segue, por tanto, en risco medio, segundo os criterios do semáforo de alertas para o  indicador bisemanal. O indicador semanal leva en risco baixo varias xornadas.





Así, a incidencia acumulada bisemanal sobe, aínda que poquísimo, a penas tres décimas, de 50,8 a 51,1. É a primeira vez que crece nos últimos 10 días. 


Pechando o foco a dúas semanas, a incidencia acumulada a 7 días prosegue o seu descenso. Cae de 22,4 a 22. É o mellor valor desde o 11 de agosto.


O dobre da incidencia semanal (44) é bastante menor que a bisemanal (51,1). Isto indícanos que a última semana foi mellor que a penúltima.


taxa de positividade de onte foi do 2,6%,  que é a peor porcentaxe en dúas semanas. Con todo, a media semanal segue controlada, pois se mantén nun excelente 2%.


SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS

Excelente porque calquera media semanal por baixo do 4% mantén a Galicia no mellor dos niveis posibles, nova normalidade, segundo os criterios do semáforo de alertas para este indicador.



As incidencia  acumulada semanal prosegue  o seu descenso, unha vez superada a fronteira entre risco medio e risco baixo esta fin de semana. Nos últimos 14 días, só creceu nun. 



Para superar a seguinte fronteira, 10, que separa o risco baixo actual da nova normalidade, aínda lle queda bastante camiño. Con todo, de seguir ao ritmo que levamos este mes, Galicia conquistará a nova normalidade en cuestión de dúas semanas, antes de que acabe xuño.



O leve repunte de hoxe impide que o indicador bisemanal conquiste o risco baixo. Con todo, mirando a evolución xeral da curva, baixar de 50 parece cuestión de días, poida que mañá.




EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un -0,3%. A media móbil a sete días dá un pasito na mala dirección, achegándose a cero, pasa de -3,7% a -3,4%.



En termos absolutos, isto significa un descenso de 5 que deixa o total de casos activos en Galicia en 1.729 casos activos.


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • A pandemia está nunha fase de retirada, aínda que as cifras de hoxe non son especialmente boas e lastran a rápida velocidade de descenso que Galicia alcanzara en xuño.
  • O  rebote a incidencia acumulada a 14 días é unha mala noticia, especialmente porque este indicador non afai cambiar de rumbo con facilidade. Con todo, é un rebote mínimo e por agora puntual, polo que por agora non hai indicios serios de cambio de tendencia.
  • Hai que ter en conta que os mércores a Xunta cóntanos  as cifras das probas de os luns, que adoita ser un día con malos datos debido á subida de actividade analítica tras a fin de semana.
  • O Comité Clínico do SERGAS reúnese este martes para anunciar novas medidas. A propia Xunta adiantou que esta semana podería haber novos alivios de restricións. En teoría, a pesar dalgúns leves repuntes hoxe, as estatísticas permiten afrouxar limitacións como, por exemplo, a reunión de persoas non conviventes en exteriores máis aló da 1 da mañá.

DATOS POR ÁREAS

 A Coruña volve ser por segundo día consecutivo o distrito do SERGAS que comunica máis positivos. Con todo, é unha cifra modesta,  28 dos 83 de Galicia.




Nas unidades de coidados intensivos hai un paciente menos que onte. Hai que ter en conta que faleceu unha persoa. En Pontevedra, Ourense, Ferrol e A Coruña só queda un paciente en coidados intesivos. Máis datos a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress.


I3OMx  b incidencia acumulada a 7 d as en galicia b  (7)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE