Segundo foco nunha delegación da Xunta esta semana tras saltar tres positivos covid na Coruña

Sanidade activou os protocolos tras detectar tres positivos no edificio administrativo da Xunta na Coruña, en Monelos, segundo informa.

|

No edificio, popularmente coñecido como Novos Ministerios, aloxa a varios servizos da Xunta e nun deles concéntranse os tres contaxiados


O brote na Delegación de Lugo, que empezou con 8 contaxios, suma xa polos 18 positivos este venres 


Edificio da Xunta en Monelos nunha foto de Google Street View

Edificio da Xunta en Monelos nunha foto de Google Street View 


Sanidade activou os protocolos tras detectar tres positivos no edificio administrativo da Xunta na Coruña, en Monelos, segundo informa.


CRIBADO

Nun comunicado, explica que iniciou un protocolo de seguridade consistente nun cribado entre o persoal dun servizo do edificio que confirmou, este xoves, tres positivos.


Tamén explica que se seguiron "estritamente" os criterios epidemiolóxicos marcados pola Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade.

Estas medidas, engade, tómanse "por seguridade e prevención para manter controlada a situación e prolongarase ao longo dos próximos días".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE