Un lume forestal consome varias hectáreas de árbores na zona da Escravitude do Concello de Padrón

Un incendio forestal permanece activo desde a tarde deste luns no municipio coruñés de Padrón, segundo informaron fontes da Consellería do Medio Rural.

|

As chamas afectan a plantacións de árbores na zona da Escravitude, parroquia de Cruces


Incendio en Padru00f3n nunha foto de@incendiosgalic1

Incendio en Padrón nunha foto de @Incendiosgalic1


O lume afecta á parroquia de Cruces e as primeiras estimacións cifran en entre dúas e tres hectáreas de masa arborizada a superficie afectada polas chamas.

Nas tarefas de control do incendio, iniciado ao redor das 18,35 horas do luns, traballan tres axentes, sete brigadas, catro motobombas e dous helicópteros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE