O brote descontrolado de Mos, en nivel máximo, obriga ao SERGAS para convocar un novo cribado na localidade

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) convoca cribados esta semana no municipio pontevedrés de Mos, que pertence ao Área Sanitaria de Vigo e conta na actualidade con nivel alto de restricións e entrará este sábado en nivel máximo debido á incidencia da Cocid-19.

|

O SERGAS anuncia un novo cribado en mos, o único de Galicia que se atopa nestes momentos no nivel de alerta máximo, e sobre o que o comité clínico aplicou as restricións máis duras.


As restricións, que significan entrada do toque de queda, prohibidas as reunións de non conviventes, peche perimetral e peche da hostalería, entrarán en vigor a noite do venres ao sábado. 


Arquivo - Punto COVID AUTO no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Un cribado no hospital Álvaro Cunqueiro | Foto: EP


O Servizo Galego de Saúde (Sergas) convoca cribados esta semana no municipio pontevedrés de Mos, que pertence a o Área Sanitaria de Vigo e conta na actualidade con nivel alto de restricións e entrará este sábado en nivel máximo debido á incidencia da Cocid-19.


Segundo informou a área Sanitaria de Vigo, este mércores un equipo de profesionais sanitarios desprazarase a Mos onde están citadas unhas 5.000 persoas para unha proba PCR no Pavillón Óscar Pereiro.


Así mesmo, este sábado, 29 de maio, está prevista a realización dun cribado aos traballadores e usuarios do centro Leroy Merlin no mesmo municipio de Mos.

Mos conta con limitación de reunións de persoas conviventes en espazos privados entre a 1,00 e as 6,00 horas; no municipio non está permitido o consumo no interior dos establecementos de hostalería e restauración e a ocupación das terrazas destes locais ascende a un 50%.


Este sábado, desde as 00,00 horas, ao pasar a nivel máximo de restricións, como acordou o comité clínico, terá peche perimetral e a hostalería pechada, salvo para servizo a domicilio.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE