Deteñen a un septuaxenario que agrediu a dous médicos e unha enfermeira dun centro de saúde de Vigo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 71 anos de idade, como presunto autor dun delito de agresión a persoal sanitario tras atacar a dous médicos e unha enfermeira dun centro de saúde da cidade.

|

A Policía Nacional detivo ao home, de 71 anos de idade, nun centro de saúde próximo á propia Comisaría de Vigo. 


Cando na consulta explicaban ao agresor o tratamento que debía seguir este propinou un lapote e un empuxón a unha enfermeira e unha doutora. 


Centro de saude lopez miras

Centro de saude López Moura| Foto: Google Maps


Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 71 anos de idade, como presunto autor dun delito de agresión a persoal sanitario tras atacar a dous médicos e unha enfermeira dun centro de saúde da cidade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron ao mediodía deste martes, cando o 091 recibiu un aviso desde o centro de saúde de López Moura, alertando da presenza dun paciente moi agresivo co persoal.

Os axentes desprazáronse ao lugar, a escasos metros da propia Comisaría, e observaron que había dúas persoas mantendo unha acalorada discusión. Ao preguntar, unha médico e unha enfermeira explicaron aos axentes que un home discutira iradamente co persoal de recepción, e que a continuación foi pasado para ser atendido en consulta.

Unha vez na consulta, mentres lle explicaban o tratamento que debía seguir, o paciente comezou a mostrarse cada vez máis agresivo coa doutora e coa enfermeira e, aínda que elas trataron de tranquilizalo, este propinoulles un lapote e un empuxón. Ambas pediron auxilio e outro médico acudiu a ver que sucedía.


O paciente tamén se encarou con este facultativo e agarrouno polos brazos, á vez que o zarandeaba, momento en que chegaron os axentes ao centro de saúde.

O home foi detido polos policías, que tamén informaron o persoal agredido dos pasos que tiñan que dar se desexaban presentar denuncia. O detido, tras as dilixencias en sede policial, foi posto ao dispor do xulgado de instrución de garda.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE