O Celta pasa de Santos Borré e fíxase noutro colombiano para a dianteira
O club galego, ante a imposibilidade de fichar ao nove de River Plate, fíxase noutro cafeteiro.
O club galego, ante a imposibilidade de fichar ao nove de River Plate, fíxase noutro cafeteiro.
Miguel Borja | Foto: Palmeiras.br
A primeira opción para o ataque do Celta de Vigo, aínda que non é imposible, a día de hoxe parece canto menos quimerica. Rafael Santos Borré, un dos dianteiros máis en forma do panorama internacional -e así o demostran os seus números nas tres últimas campañas-, é un dos xogadores máis cotizados este verán. Con 25 anos e despois dunha breve experiencia en Europa, o colombiano está listo para abandonar River Plate e cruzar o charco e ao Celta, que abordou a súa contratación en non poucas ocasións, sumáronse á lista de pretendentes Watford, Sampdoria e Brighton, equipos cun potencial económico superior ao dos vigueses.
Con tantos rivais, e a pesar de que a intención é que Borrei chegue gratis, os ollos de Coudet pousáronse noutro cafeteiro e cun olfacto goleador notable: Miguel Borja. O ariete, de Junior de Barranquilla, con menos cartel e un valor máis baixo, preséntase como unha opción máis que interesante para complementar o ataque celtiña. Corpulento e aguerrido, o perfil de Borja non é tan livián como o do seu compatriota Borré, eléctrico e sobresaliente no desmarque, senón que o seu estilo podería imitarse máis ao de Maxi Gómez, un xogador que deixou un grato recordo en Balaídos.
Despois dun brevísimo paso por Italia, unha longa carreira na súa Colombia natal e un papel sobresaliente no Palmeiras campión de liga -que aínda é dono da súa ficha- e no Atlético Nacional campión da Liberadores, parece o momento idóneo para volver tentalo no Vello Contiente.
As súas cifras este curso garanten un gol cada dous partidos, un díxito que lle permite postularse comoun bo candidato a competir con Santi Mina pola posición do nueve. En Brasil contan con embolsarse preto de cinco millóns polo dianteiro, aínda que en Vigo tratarán de rebaixar esas pretensións.
Escribe o teu comentario