Alta médica para tres tripulantes do 'Prometheus Leader'; ingresan tres mariñeiros do 'Emerald Leader'

|

Os brotes nos buques atracados en augas viguesas seguen deixando un bo puñado de incidencias, vinculadas coa variante india.


Esta mañá foron dados de alta tres mariñeiros afectados, aínda que pola contra outros tres necesitaron de hospitalización. 


O tranposrte de coches Prometheus Leader  nunha imaxe de arquivo en Alemaña

Prometheus Leader | Foto: EP


Tres dos tripulantes do buque ro-ro 'Prometheus Leader', que acaba de terminar a súa corentena no porto de Vigo (decretada tras detectarse un brote de Covid-19 da variante india), recibiron o alta hospitalaria este sábado.


Así o confirmaron as autoridades sanitarias, despois de que este venres recibise o alta o primeiro dos oito tripulantes dese cargueiro ingresados no Hospital Vithas de Vigo, tras a súa evolución favorable e despois de dar negativo na última proba PCR á que foi sometido.


Deste xeito, catro dos oito tripulantes do buque con bandeira de Singapura seguen hospitalizados, dos que un deles atópase na UCI.


Por outra banda, ingresaron outros tres dos tripulantes do outro buque ro-ro, xemelgo do primeiro, o 'Emerald Leader', que permanece en corentena no peirao de Rande tras detectarse 10 casos positivos de Covid-19, debido tamén á variante india do virus.


En suma, serían oito os casos deste barco con bandeira de Bahamas que permanecen hospitalizados e que elevan a doce o total de pacientes ingresados de ambos os buques, todos eles "estables", engaden as mesmas fontes.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress