Galicia mantense estable e en descenso de casos unha semana despois do fin do estado de alarma

Xa pasaron sete días desde a retirada do estado de alarma, o que trouxo consigo un aumento da mobilidade, novos horarios da hostalería e o fin do toque de queda. Por agora, Galicia non parece notar as consecuencias desta decisión.


|

Xa pasaron sete días desde a retirada do estado de alarma, o que trouxo consigo un aumento da mobilidade, novos horarios da hostalería e o fin do toque de queda. Por agora, Galicia non parece notar as consecuencias desta decisión.


Hoxe volve rebaixar o seu número de casos activos con 68 menos en 24 horas e a presión hospitalaria, pero moitos ollos miran ao preocupante descenso no número de PCR realizadas.



Galicia conta hoxe con 2.865 casos activos, o que lle permite mellorar moitos dos seus indicadores e avanzar na súa recuperación con paso firme. Con todo, e a pesar de caer en máis de medio centenar de casos activos menos en só un día, isto pode vir provocado porque no últimas tres xornadas o SERGAS practicou menos de 7.000 probas PCR diarias.


Onte foron 6.530, unha cifra algo maior ás 6.275 do xoves pero máis baixa que as 6.864 do mércores. Galicia viña entón de seis días consecutivos realizando máis de 7.000 test, ata un tope de 9.299 nun só día. Con todo, onte detectáronse 168 contagios, un número sensiblemente máis alto aos 133 e 136 anotados xoves e mércores, respectivamente.


Ademais, a positividade tamén sofre un repunte notable: pasa do 2,12% de hai dous días ao 2,57% de onte. Así, a positividade media sobe ata o 2,01%. 


Estes algarismos provocan que a incidencia acumulada apenas sufra variacións. De feito, só percíbense cambios na incidencia acumulada a 14 días, ao rebaixarse un 0,15% ata os 78,3 casos por cada 100.000 habitantes (risco medio e lonxe dos 50 do risco baixo). Mentres, a incidencia acumulada semanal marca o mesmo que onte: 40 casos por cada 100.000 habitantes. 



Onde si se percibe unha melloría esperanzadora é na media móbil semanal. Pese ao susto do martes, cando repuntó e quedou no 0 despois de varios días de evolución favorable, hoxe volve manifestar un acelerón no descenso de casos activos, a un ritmo do -0,7%, mellor que o -0,6% que marcaba onte.



PRESIÓN HOSPITALARIA

As mellores noticias chegan desde os hospitais galegos, onde as áreas para pacientes Covid liberaron en só un día unha ducia de camas. Así, con 134 camas ocupadas por enfermos de coronavirus, a presión hospitalaria vese aliviada. Disto teñen boa culpa as 243 altas médicas que computou onte a comunidade.


A pesar de todo, hai que lamentar dous novos decesos. Galicia, sempre segundo as cifras oficiais da Xunta, conta con 2.401 vítimas desde o estalido da crise sanitaria e viu incrementarse sensiblemente a mortalidade esta última semana, coa terceira xornada seguida con dúas mortes diarias e a cuarta xornada seguida con vítimas.   





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE