O SERGAS conta con vacinar ao grupo de 40 e 49 anos para xuño, "antes do previsto"

A Consellería de Sanidade prevé completar o proceso de vacinación do grupo de 50 a 59 anos entre maio e xuño, mes no que arrincaría a inoculación da primeira dose para o seguinte tramo de idade (entre 40 a 49 anos).

|

A Xunta di que no Goberno autonómico contan con que o proceso irá "máis rápido se cabe" grazas a un aumento da subministración de Pfizer.


Desde Sanidade sinalan que o grupo de 50-59 anos estará vacinado entre maio e xuño "con dúas dose".


O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, recibe a vacina en Ourense

Vacinación | Foto: EP


A Consellería de Sanidade prevé completar o proceso de vacinación do grupo de 50 a 59 anos entre maio e xuño, mes no que arrincaría a inoculación da primeira dose para o seguinte tramo de idade (entre 40 a 49 anos).

O titular de Sanidade, Julio García Comesaña, chamou á "prudencia" ante o anuncio deste xoves do Goberno do Estado relativo á dispoñibilidade dun maior número de dose de 'Pfizer' das esperadas, aínda que recoñeceu que a noticia permite abordar con certo "optimismo" as próximas semanas do plan de vacinación.

En concreto, Sanidade conta cunha estimación de 150.000 vacinas desa marca á semana durante o mes de xuño, o que supoñería entre o 5,3 e o 5,5 por cento do total que recibe España e que se corresponderían á porcentaxe de poboación que ten a comunidade na devandita franxa de idade.

En declaracións aos medios este venres, Comesaña apelou á "prudencia" ante os antecedentes de "grandes noticias" que, por diversos motivos, "non se cumpren". Entre eles, mencionou o recente caso de 'Janssen' que "por un problema na fábrica" non están a chegar, ou o "xa coñecido de 'AstraZeneca', que está "a limitar" e "atando" toda a planificación das segundas doses.

En todo caso, recoñeceu que a planificación do proceso e a dispoñibilidade dun maior número de unidades das esperadas permite dicir "con certo optimismo" que Galicia poderá completar o grupo de entre 50 e 59 anos "con dúas dose" entre os meses de maio e xuño.

Neste sentido, "todo parece indicar" que o proceso irá "máis rápido se cabe" ante este incremento do número de vacinas de 'Pfizer', polo que "é bastante probable" que Sanidade poida empezar co grupo de 40 a 49 anos "antes do previsto", no propio mes de xuño.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE