Se Vigo ten case o mesmo nivel de covid que A Coruña non debe soportar máis restricións, razoa Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu este luns á Xunta de Galicia que alivie o nivel de restricións na cidade (actualmente ten as correspondentes ao nivel medio) xa que a evolución da pandemia de Covid é positiva e ten unha incidencia acumulada "practicamente igual" que a da Coruña, que ten medidas de nivel medio-baixo.

|

O político socialista aplica outra vez a súa estratexia localista para confrontar coa Xunta.


As cifras apoian o razoamento Caballero, a incidencia acumulada semanal de Vigo é similar á de Coruña (59 fronte a 58) e coa bisemenal sucede case o mesmo (124 fronte a 116) 


As declaracións do alcalde de Vigo chegan un día antes de que se reúnan os expertos do SERGAS para, precisamente, revisar os niveis de restricións




O alcalde de Vigo, Abel Caballero, en rolda de prensa



alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu este luns á Xunta de Galicia que alivie o nivel de restricións na cidade (actualmente ten as correspondentes ao nivel medio) xa que a evolución da pandemia de Covid é positiva e ten unha incidencia acumulada "practicamente igual" que a da Coruña, que ten medidas de nivel medio-baixo.

Así o trasladou o rexedor olívico, nunhas declaracións remitidas aos medios, e sinalou que, nas últimas horas, a incidencia a 14 días do Covid en Vigo volveu a baixar e situouse nos 124 casos por 100.000 habitantes. "Cada vez estamos máis por baixo do número crítico que é 150, estamos practicamente igual que A Coruña, que ten unhas normas brandas para hostalería", constatou.

A ese respecto, Abel Caballero lamentou que a cidade ten que aterse a unhas restricións máis severas para a hostalería (30 % de aforo no interior e 50 % de aforo en terrazas), mentres que A Coruña pode ter nos seus locais de hostalería unha ocupación maior (50 % no interior e 75 % en terrazas). "Esixo para Vigo o tratamento que lle corresponde segundo a incidencia acumulada, a Xunta non pode facer un trato discriminatorio", aseverou.

Por outra banda, o alcalde informou de que a pasada noite "o comportamento na cidade foi bo", "unha noite tranquila, sen incidencias", e que os axentes da Policía Local tramitaron 26 propostas de sanción: 18 a persoas por non respectar as restricións relativas a persoas non conviventes, e outras 8 a locais "por temas pouco significativos".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE