Covid disparado en Cangas, Arteixo cae a nova normalidade e Vigo e Vilagarcía volven a repuntar




Cambados, Fornelos, Laza e Padrón son os únicos concellos que superan a barreira dos 250 positivos por 100.000 habitantes á semana. Este é o límite que usa a Xunta para valorar pechar hostalería e perimetrar municipios, valoración na que usa tamén outros criterios. É dicir, o mapa da incidencia semanal que elabora Galiciapress non se traslada directamente ao mapa de restricións que decreta o SERGAS, aínda que logicamente están relacionados.

|

Arteixo é o segundo municipio do país con máis de 30.000 habitantes que lograr tinguirse de verde, ao ter menos de 10 casos por 100.000 habitantes na última semana. O primeiro foi Narón.


A aparición de varios casos de cepa india en Vigo sen relación aparente cos brotes en dous buques é especialmente peligroa, pois esta área xa soporta hai tempo os peores niveis do país



Cambados, Fornelos, Laza e Padrón son os únicos concellos que superan a barreira dos 250 positivos por 100.000 habitantes á semana, en negro no mapa. Este é o límite que usa a Xunta para valorar pechar hostalería e perimetrar municipios, valoración na que usa tamén outros criterios. É dicir, o mapa da incidencia semanal que elabora Galiciapress non se traslada directamente ao mapa de restricións que decreta o SERGAS, aínda que, loxicamente, están relacionados.





A evolución en Cangas do Morrazo agravouse moitísimo nos tres últimos días ao rebufo dun brote nunha conserveira. O xoves o cómputo semanal era de 25 positivos nunha semana, hoxe é case o dobre, 47, tras o +9 que acabamos de coñecer.


Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:

  • Ames +1
  • Cambre +1
  • Laracha +1
  • Oleiros +2
  • Padrón +2
  • Vilagarcía de Arousa +4
  • Vigo +5
  • Cangas +9


Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:


  • Ribeira -8
  • Coruña (A) -7
  • Lugo -6
  • Marín -6
  • Vilanova de Arousa -5
  • Ferrol -3
  • Cambados -3
  • Ourense -2
  • Porriño (Ou) -2
  • Chantada -1
  • Laza -1
  • Tomiño -1


A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:


COMPARATIVA DE CIDADES


Ferrol, que chegou a ter unha incidencia acumulada menor que 13, empeorou algo nos últimos días. A súa incidencia de 21 está próxima de 25, que é o límite para perder o nivel de risco baixo do que goza agora na escala semanal, única cidade que o ten en Galicia ademais de Santiago de Compostela.




A tendencia a 14 días en todas as cidades é á baixa. Con todo, os niveis son moi dispares. Por exemplo, Vigo ten unha incidencia bisemanal que case cuadriplica ás de Ferrol e Santiago.





EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

A curva de infectados da área de Vigo tocou teito hai xa 9 días, o que confire esperanzas de que o distrito superase por fin o pico desta cuarta onda. No resto de áreas non hai tendencias moi marcadas, salvo a alza que soporta Pontevedra e a baixada de Ferrol.



Respecto onte, os casos activos en Galicia mantéñense en descenso por terceiro día consecutivo e decrecen en 36 ata 2.897. Por áreas, as infeccións soben en dúas dos sete distritos sanitarios, Pontevedra e O Salnés (+7) e Vigo (+1), pero baixan nos demais, A Coruña (-17), Ferrol (-9), Santiago e Barbanza (-7) e Ourense (-4).


Deste xeito, a área de Vigo mantense como a que rexistra máis casos activos, 857; seguida da da Coruña e Cee, con 686; a de Pontevedra e O Salnés, con 488; a de Santiago e Barbanza, con 400; e a de Ourense, con 253; mentres Ferrol segue á cola, con 82. 


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREA

Os novos contagios detectados con calquera tipo de proba experimentaron un novo descenso tras caer en tres ata os 189 este domingo. Esta semana iniciouse con 103 casos confirmados, aumentou a 125 o martes e volveu subir a 189 o mércores e a 225 o xoves, tras o que caeu a 195 este venres e a 191 este sábado.

Do total de positivos, foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas 172, dos que 65 corresponden á área de Vigo; 29, á da Coruña; 29, á de Pontevedra; 25, á de Santiago; 11, á de Lugo; 11, á de Ourense; e dous, á de Ferrol. 


HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA

Segundo o balance actualizado este domingo pola Consellería de Sanidade, os pacientes con coronavirus en unidades de coidados intensivos (UCI) soben nun ata 44 e que os que se atopan en unidades convencionais elévanse en nove ata 158.

Por áreas sanitarias, os hospitalizados aumentan nas áreas de Vigo, A Coruña, Pontevedra e O Salnés e Lugo, A Mariña e Monforte, mentres as demais non rexistran cambios no número de pacientes ingresados en UCI e en planta.

En concreto, na área da Coruña e Cee mantéñense en 11 os pacientes Covid en UCI e soben a 51 os doutras unidades --catro máis--; mentres que na de Vigo ascenden a 14 os que se atopan en críticos --un máis--, e a 38 os que permanecen noutras unidades --dúas máis--.

Pola súa banda, a área de Pontevedra e O Salnés rexistra oito pacientes con covid-19 en UCI --sen cambios-- e un incrementa ata 26 dos hospitalizados noutras unidades --dúas máis--; mentres en Ferrol seguen dous en críticos e sete noutras unidades.

Na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco mantéñense en 13 os pacientes en unidades convencionais de hospitalización e cinco continúan en UCI; na de Santiago e Barbanza seguen tres pacientes en críticos e 16 noutras unidades; e na de Lugo, A Mariña e Monforte unha persoa permanece en críticos e elévanse a sete as ingresadas en planta--unha máis--. 

ZKjBW incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE