Covid por concellos: repuntan tanto a área sanitaria como a cidade de Ferrol, que sobe a risco medio

Ferrol é a última cidade en abandonar o nivel de risco baixo, no que só queda Santiago. A evolución dos últimos días na cidade departamental fíxoa empeorar sensiblement, como ocorre noutros municipios do norte da Coruña, especialmente Oleiros, que esta xornada apunta os peores rexistros da comunidade. Tamén Laracha ou Cerceda atópanse en risco alto, como Oleiros.


|

Ferrol é a última cidade en abandonar o nivel de risco baixo, no que só queda Santiago. A evolución dos últimos días na cidade departamental fíxoa empeorar sensiblement, como ocorre noutros municipios do norte da Coruña, especialmente Oleiros, que esta xornada apunta os peores rexistros da comunidade. Tamén Laracha ou Cerceda atópanse en risco alto, como Oleiros. 


Na área de Vigo, unha das máis castigadas nesta cuarta onda, a situción non variou moito no último día, con Tomiño como a única localidade por encima do risco medio. É importante lembrar, a poucas horas de que caia o estado de alarma, que os únicos cinco municipios que seguirán con toque de queda e perimetrados a partir do domingo son Cambados, Vilanova, Cualedro, Laza e Padrón.


Ribeira, co descenso desta xornada, abandona o risco extremo no que entrou onte. Non o fai así Cangas, que volve a repuntar con dous casos máis. 





Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:



  • Oleiros +11
  • A Coruña +8
  • Ferrol +6
  • Santiago de Compostela +3
  • Redondela +3
  • Cospeito +2
  • Betanzos +2
  • Cangas +2
  • Vilanova de Arousa +2
  • Vigo +2
  • Cambre +1
  • Pontevedra +1




Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:




  • Vilagarcía de Arousa -6
  • Laracha -5
  • Lugo -5
  • Lalín -4
  • Laza -3
  • Cambados -3
  • Carballo -3
  • Padrón -2
  • Ames -2
  • Ribeira -1
  • Ourense -1
  • O Porriño -1






A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse en o buscador desta táboa:



COMPARATIVA DE CIDADES

As cidades ofrecen hoxe unha evolución desigual. Por unha banda temos á Coruña e Ferrol, que lideran os ascensos, con oito e seis casos máis en 24 horas, polo que se atopan as dúas en risco medio. No caso da cidade departamental isto é especialmente significativo, xa que ata onte atopábase en risco baixo, como Santiago de Compostela. 



Estes está estreitamente relacionado co que ocorre en municipios como Oleiros, pertencente á área de influencia da cidade herculina, que hoxe rexistra a maior subida en só un día con once casos máis.



Tamén crecen hoxe Santiago de Compostela, Vigo e Pontevedra, con tres, dous e un caso máis respectivamente. A subida é pouco reseñable, pero obriga a manter o ollo posto en todas as cidades, especialmente agora que vén a ponte do Día dás Letras. A capital é a única das sete cidades en nivel de risco baixo.


Pola súa banda, Ourense e Lugo ven minguar as súas cifras con respecto á última actualización, a variación é hoxe dun caso menos na cidade termal e cinco menos na cidade amurallada, que aos poucos vai mellorando a súa situación. 



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

No referido ás áreas sanitarias, só Ferrol e Lugo lanzan un repunte, con catro e cinco casos máis respectivamente despois de detectar seis e trece novos contagios cunha positviidad do 2,2 e 2,3%. 


As demais áreas ofrecen hoxe descensos. Destacan Vigo e Ourense, cunha baixada de 21 e 15 casos. Tamén Pontevedra, con once casos menos, baixa hoxe notablemente. As tres áreas móvense en positividades entre a 2,2% da área olívica e o 1,1% da pontevedresa. Nos contagios a diferenza é máis notable: Vigo detectou 55 novos casos, polos 22 da cidade do Lérez e os dez da cidade termal. 


A Coruña, con dous menos, e Santiago, cun menos, baixan, pero pouco. A cidade herculina rexistrou 51 contagios, polo apenas once da capital galega. A gran diferenza radica na positividade: A Coruña é a única que hoxe está por encima do 5% que marca a OMS, ata o 5,7%, mentres que Santiago queda nun reseñable 0,7%. 



ÚLTIMOS DATOS POR ÁREA

Mentres, os casos activos mantéñense en descenso por segundo día consecutivo e decrecen en 41 ata 3.023. Por áreas, as infeccións soben en dúas dos sete distritos sanitarios, Ourense (+34) e Ferrol (+4), e baixan nas demais, Vigo (-21), Pontevedra e O Salnés (-11), A Coruña (-2) e Santiago e Barbanza (-1).

Deste xeito, a área de Vigo mantense como a que rexistra máis casos activos, 856; seguida da da Coruña e Cee, con 703; a de Pontevedra e O Salnés, con 481; a de Santiago e Barbanza, con 407; e a de Ourense, con 257; e Ferrol segue á cola, con 91. 


HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA

Por áreas sanitarias, os hospitalizados redúcense en todas as áreas, excepto na de Pontevedra e O Salnés, onde se incrementan en dúas, e a de Lugo, A Mariña e Monforte, na que soben nun. Ademais, a área da Coruña e Cee mantense como a que rexistra un maior número de ingresados, 58, dos que 11 están en críticos.

En concreto, na área da Coruña e Cee mantéñense en 11 os pacientes Covid en UCI e descenden a 47 os doutras unidades --tres menos--; mentres que na de Vigo soben a 13 os que se atopan en críticos --un máis--, pero caen a 36 os doutras unidades --dúas menos--.

Pola súa banda, a área de Pontevedra e O Salnés rexistra oito pacientes con covid-19 en UCI --sen cambios-- e increméntanse ata 24 os doutras unidades --dúas máis--. En Ferrol seguen dous en críticos, pero redúcense a sete os que permanecen noutras unidades --uno menos--.

Na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco ascenden a 13 os pacientes en unidades convencionais de hospitalización --uno máis-- e cinco continúan en UCI --dúas menos--; na de Santiago e Barbanza baixan a tres os que se atopan en críticos --un menos-- e caen a 16 os doutras unidades --uno menos--; e na de Lugo, A Mariña e Monforte segue unha persoa en críticos e elévanse a seis as ingresadas noutras unidades --unha máis--. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE