Cribado en Ourense, tras cuadriplicar os seus positivos desde maio, e en Carballo, Vilagarcía, Vilanova e Barro

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) prosegue cos cribados para detectar posibles casos de Covid-19 entre persoas asintomáticas, no marco dos que citou a máis de 5.600 mozos en Carballo (A Coruña) e a máis de 2.000 veciños do barrio da Ponte en Ourense, entre outros.

|

A Xunta lanza un macrocribao  en Carballo a pesar de que a incidencia acumulada do concello non aumentou moito nos últimos días e leva tempo en nivel de risco medio


Risco medio no que tamén leva tempo a cidade de Ourense, onde si subiron os positivos. A incidencia acumulada a 14 días anda por 80 cando a finais de marzo era de 22 positivos entre cada 100.000 ourensáns






O Servizo Galego de Saúde (Sergas) prosegue cos cribados para detectar posibles casos de Covid-19 entre persoas asintomáticas, no marco dos que citou a máis de 5.600 mozos en Carballo (A Coruña) e a máis de 2.000 veciños do barrio da Ponte en Ourense, entre outros.

Segundo informou a área Sanitaria da Coruña e Cee, desde este mércores día 5, ata o venres 7 de maio, terá lugar no municipio de Carballo un cribado poboacional mediante test PCR a veciños de entre 20 e 39 anos.


As probas levarán a cabo no Centro de Saúde de Carballo, onde están convocados todos os veciños deste municipio pertencentes á franxa de idade establecida, uns 5.650 aproximadamente, citados mediante mensaxe SMS en horario de 16,00 a 21,00 horas este mércores, e de 9,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 21,00 horas, o xoves e o venres.


CRIBADO NA Ponte

Pola súa banda, a área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco convocará este sábado a un cribado poboacional selectivo aleatorio a 2.000 veciños do barrio ourensán da Ponte de entre 30 e 60 anos.

Este cribado terá lugar no Pavillón Deportivo de Oira entre as 8,30 e as 14,00 horas e nel participarán sete enfermeiras e catro técnicos de coidados auxiliares de enfermería.

O índice acumulado a 14 días na Ponte, 137 casos por 100.000 habitantes, é superior á media do concello de Ourense, que se sitúa no mesmo período en 80,3, e supera a taxa de casos activos entre os usuarios do resto de centros de saúde da cidade. 


"A incidencia desta área da cidade está dentro dun parámetro contido, e con esta iniciativa séguese a liña de anticipación e control, para limitar os contagios e profundar no coñecemento da situación epidemiolóxica, do Concello de Ourense que, a día de hoxe, conta con 99 casos activos", indica a área sanitaria.

VILANOVA E VILAGARCÍA
Mentres, por parte da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés efectuaranse cribados nas localidades de Vilanova de Arousa, que desde este venres estará en nivel de restricións máximas polo que contará con peche petrimetral, e de Vilagarcía de Arousa --con nivel medio determinado polo comité clínico--.

En concreto, no pavillón municipal de Vilanova de Arousa este xoves 6 de maio faranse PCR a unhas 1.600 persoas de entre 50 e 64 anos con tarxeta sanitaria activa nos centros de saúde deste municipio.

Así mesmo, no recinto feiral de Fexdega en Vilagarcía de Arousa este venres 7, o sábado 8 e o domingo 9 terán novos cribados con PCR convencional nos que o Sergas convocará a 4.800 vilagarciáns de entre 30 e 49 anos, "o que permitirá reducir a cifra de contagios de coronavirus nesta localidade", indicou a área sanitaria.

CRIBADO EN BARRO
En canto ao cribado realizado entre o luns 3 e o martes 4 con PCR na localidade de Barro (Pontevedra) saldouse sen ningún positivo confirmado de Covid-19.

Neste caso, o Sergas convocou a 1.440 persoa de entre 30 e 64 anos do municipio, das que finalmente participaron 874 cidadáns, que supoñen un 60,76 por cento da convocatoria voluntaria.

UylLp coronavirus no concello ourense evoluci n recente  (3)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE