Redada antidroga con decenas de detidos en negocios, vivendas e chabolas de Ferrol e Narón
Foron rexistrados asentamentos chabolistas, vivendas particulares e negocios
Esta é a segunda gran operación este ano, polo menos, contra o narcotráfico que afecta a zonas chabolistas de Ferrolterra
Na operación interviñeron un helicóptero e varias dotacións da UIP da Policía Nacional
UIP E ANTIDISTURBIOS
Así o asegurou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, en relación a varios detidos, que permanecen na Comisaría de Ferrol-Narón mentres se realizan as dilixencias antes de ser presentados ante a autoridade xudicial.A operación contou coa participación dun bo número de axentes, moitos deles chegados desde a cidade da Coruña, pertencentes á Unidades de Intervención Policial (UIP), popularmente coñecidos como antidisturbios, ademais dun helicóptero, que prestou apoio aéreo.
REXISTROS
Entre os lugares rexistrados atópase en asentamento chabolista dos 'Chaquetas', situado no camiño do Paredón, ademais de alguna vivenda sindicais de San Pablo, situadas nas inmediacións, ademais doutros asentamentos da cidade cuxa información non transcenderon.
Zona chabolista do Camiño do Paredón en Ferrol nunha imaxe de Google Street View
Algún dos detidos, tras prestar declaración en sede policial, xa foi posto en liberdade. Polo momento tampouco ha transcendido a cantidade de substancias estupefacientes nin o tipo de drogas que se interviñeron neste operativo.
Escribe o teu comentario